Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 22 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mercadillo artesán e Belén solidario, os protagonistas do Nadal no Pazo de Mos

A directora da Axencia de Turismo de Galicia visitou o luns o nacemento de 24 metros cadrados.

[Img #37723]

 

O grupo de veciños/as ‘Armouse o Belén’ da parroquia de Mos organiza con motivo do Nadal un mercadillo de artesáns na contorna do Pazo de Mos os días 23 e 24 de decembro a partires das 11.00 horas da mañá. Os organizadores desta iniciativa considérana “un xeito ideal de mercar agasallos de calidade para familiares e amigos nestas festas”.


Ademais o mesmo grupo ‘Armouse o Belén’ construiu o Belén instalado no Pazo de Mos. Trátase dunha iniciativa solidaria, xa que para visitalo é preciso realizar unha doazón de alimento en beneficio do banco de alimentos de Mos Axuda, que repartirá as aportacións entre as familias máis necesitadas do municipio para que pasen unhas boas datas navideñas e que os seus fogares teñan as mínimas carencias posibles.


O Belén do Pazo de Mos foi elaborado por un grupo de 15 veciños e veciñas da parroquia que, ademais, durante a montaxe do mesmo, impartiron un taller infantil ao que asistiron preto de 20 cativos mosenses. O obradoiro impartiuse durante dous sábados: 18 e 25 de novembro, e inaugurouse o pasado 10 de decembro.


Resultado do traballo desta quincena de habitantes de Mos, o Pazo dos Marqueses alberga un nacemento de 24 metros cadrados e preto de 300 figuras, ademais de construcións e elementos orográficos tales coma o castelo, casas, un río, unha fervenza, montañas, muíños de auga e de vento, etc. En canto a materiais empregáronse area, musgo, madeira e escuma de poliuretano para fabricar as montañas. Ademais o Belén do Pazo de Mos conta con instalación eléctrica para o funcionamento dos sistemas de iluminación e movemento mecánico de moitos dos elementos expostos.


O pasado luns, 18 de decembro, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o Belén do Pazo de Mos que, xunto co de Herville, son os dous nacementos mosenses que figuran na Guía de Turismo de Galicia de Lugares de Interese Navideño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.