MOS
Tempo de Lecer duplicou en 2017 as cifras de participación acadadas o ano pasado
Na presente edición, clausurada a semana pasada cun acto de celebración no Multiusos, participaron 419 persoas fronte ás 241 do 2016, 20 asociacións fronte ás 13 do ano pasado; e impartíronse 760 horas de clase fronte ás 345 de 2016.
A semana pasada celebrouse no auditorio do Multiusos das Pozas o acto de clausura do programa municipal Tempo de Lecer 2017 no que estiveron representantes das 20 asociacións mosenses participantes e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro.
En Tempo de Lecer 2017 participaron un total de 20 asociacións do Concello de Mos e 419 persoas distribuídas entre a vintena de asociacións participantes. Ao longo do programa impartíronse un total de 760 horas de clase de 21 disciplinas diferentes (pandeireta e canto, uso do móbil, encaixe de palillos, pintura en tea, Zumba, ximnasia de mantemento, Hipopresivos, elaboración de xabóns, panadería e repostería, cociña e repostería vegana e vexetariana, arte floral, poda e tarefas de campo, percusión, conservación de alimentos, cociña elaborada sá, Pilates, cociña tradicional galega, elaboración de cervexa artesá, primeiros auxilios, fotografía, e axilidade mental) e os cursos cun maior índice de asistentes foron os de Zumba, uso do teléfono móbil, ximnasia de mantemento, fotografía e cociña e repostería veganas.
Neste sentido a edil Julia Loureiro destacou o feito de que este ano as asociacións que impartiron os obradoiros de cociña e repostería solicitaron que fose na versión ‘comida sá e vexetariana’.
Esta iniciativa anual logra máis adeptos cada edición. Nesta ocasión, Tempo de Lecer 2017 duplica as cifras acadadas na edición de 2016. O ano pasado participaron 13 asociacións fronte as 20 deste ano, impartíronse 345 horas de clase fronte as 760 de 2017, e participaron 241 persoas fronte ás 419 deste ano. Ademais en 2016 impartíronse 18 cursos de modalidades diferentes e nesta ocasión as disciplinas sobre as que versaron os obradoiros foron un total de 21 distintas.
Os obradoiros do programa municipal Tempo de Lecer realizáronse dende febreiro ata decembro de 2017, con descanso durante os meses de xullo e agosto por vacacións estivais. A meirande parte das asociacións participantes escolleron a opción de curso de 40 horas de duración, tan só 4 das 20 agrupacións participantes optou pola modalidade de 20 horas por falla de tempo.
As 20 asociacións participantes en Tempo de Lecer 2017 foron San Martín de Tameiga, Chan do Bosque, A.V.V. San Mamede de Torroso, Centro Recreativo e Cultural de Torroso, A.V.V. de Dornelas, San Rafael, Palilleir@s de Mos, As Pedriñas, Nosa Terra de Pereiras, Santa Baia, Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, A Cividade, Mulleres Rurais, Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, A.V.V. Petelos, Ledicia, Abrente, San Eleuterio, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán e Asomamos (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos).
Nestes cursos o importe a aboar por cada alumno/a de Tempo de Lecer é a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se imparte o curso ou obradoiro no que está interesado/a.
Tal e como explicou a concelleira Loureiro “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA
PANDEIRETA E CANTO
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CHAN DO BOSQUE
USO DO MÓBIL
A. VECIÑOS SAN MAMEDE DE TORROSO
ENCAIXE DE PALILLOS
ENCAIXE DE PALILLOS
CRC TORROSO
PINTURA EN TEA
ZUMBA
A. VECIÑOS DE DORNELAS
XIMNASIA DE MANTEMENTO
A. VECIÑOS SAN RAFAEL
HIPOPRESIVOS
ASOCIACIÓN DE PALILLEIR@S DE MOS
ENCAIXE DE PALILLOS INICIACIÓN
ENCAIXE DE PALILLOS AVANZADO
CSCD AS PEDRIÑAS
ELABORACIÓN DE XABÓNS
PANADERÍA E REPOSTERÍA
A.VECIÑAL NOSA TERRA DE PEREIRAS
COCIÑA E REPOSTERÍA VEGANA E VEXETARIANA
A. VECIÑOS SANTA BAIA DE MOS
ARTE FLORAL
PODA E TAREFAS DE CAMPO
G. Baile Nosa Terra de Pereiras
PANDEIRETA E CANTO
PERCUSIÓN
A CIVIDADE
CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS
ZUMBA
MM. RR. VAL DA LOURIÑA
COCIÑA ELABORADA SÁ
PILATES
C.C.D. SANTA EULALIA
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA
A. V. PETELOS
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA
ELABORACIÓN CERVEXA ARTESÁ
ASOCIACIÓN V. E C. LEDICIA SANGUIÑEDA
PRIMEIROS AUXILIOS
FOTOGRAFÍA
C. C. ABRENTE
XIMNASIA
ARTE FLORAL
ASOCIACIÓN DE V. DE SAN ELEUTERIO
PILATES
A. R. C. DE GUIZÁN
ZUMBA
AXILIDADE MENTAL
ASOMAMOS
CANTO E PANDERETA
A semana pasada celebrouse no auditorio do Multiusos das Pozas o acto de clausura do programa municipal Tempo de Lecer 2017 no que estiveron representantes das 20 asociacións mosenses participantes e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro.
En Tempo de Lecer 2017 participaron un total de 20 asociacións do Concello de Mos e 419 persoas distribuídas entre a vintena de asociacións participantes. Ao longo do programa impartíronse un total de 760 horas de clase de 21 disciplinas diferentes (pandeireta e canto, uso do móbil, encaixe de palillos, pintura en tea, Zumba, ximnasia de mantemento, Hipopresivos, elaboración de xabóns, panadería e repostería, cociña e repostería vegana e vexetariana, arte floral, poda e tarefas de campo, percusión, conservación de alimentos, cociña elaborada sá, Pilates, cociña tradicional galega, elaboración de cervexa artesá, primeiros auxilios, fotografía, e axilidade mental) e os cursos cun maior índice de asistentes foron os de Zumba, uso do teléfono móbil, ximnasia de mantemento, fotografía e cociña e repostería veganas.
Neste sentido a edil Julia Loureiro destacou o feito de que este ano as asociacións que impartiron os obradoiros de cociña e repostería solicitaron que fose na versión ‘comida sá e vexetariana’.
Esta iniciativa anual logra máis adeptos cada edición. Nesta ocasión, Tempo de Lecer 2017 duplica as cifras acadadas na edición de 2016. O ano pasado participaron 13 asociacións fronte as 20 deste ano, impartíronse 345 horas de clase fronte as 760 de 2017, e participaron 241 persoas fronte ás 419 deste ano. Ademais en 2016 impartíronse 18 cursos de modalidades diferentes e nesta ocasión as disciplinas sobre as que versaron os obradoiros foron un total de 21 distintas.
Os obradoiros do programa municipal Tempo de Lecer realizáronse dende febreiro ata decembro de 2017, con descanso durante os meses de xullo e agosto por vacacións estivais. A meirande parte das asociacións participantes escolleron a opción de curso de 40 horas de duración, tan só 4 das 20 agrupacións participantes optou pola modalidade de 20 horas por falla de tempo.
As 20 asociacións participantes en Tempo de Lecer 2017 foron San Martín de Tameiga, Chan do Bosque, A.V.V. San Mamede de Torroso, Centro Recreativo e Cultural de Torroso, A.V.V. de Dornelas, San Rafael, Palilleir@s de Mos, As Pedriñas, Nosa Terra de Pereiras, Santa Baia, Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, A Cividade, Mulleres Rurais, Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, A.V.V. Petelos, Ledicia, Abrente, San Eleuterio, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán e Asomamos (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos).
Nestes cursos o importe a aboar por cada alumno/a de Tempo de Lecer é a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se imparte o curso ou obradoiro no que está interesado/a.
Tal e como explicou a concelleira Loureiro “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA |
PANDEIRETA E CANTO |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CHAN DO BOSQUE |
USO DO MÓBIL |
A. VECIÑOS SAN MAMEDE DE TORROSO |
ENCAIXE DE PALILLOS |
ENCAIXE DE PALILLOS |
|
CRC TORROSO |
PINTURA EN TEA |
ZUMBA |
|
A. VECIÑOS DE DORNELAS |
XIMNASIA DE MANTEMENTO |
A. VECIÑOS SAN RAFAEL |
HIPOPRESIVOS |
ASOCIACIÓN DE PALILLEIR@S DE MOS |
ENCAIXE DE PALILLOS INICIACIÓN |
ENCAIXE DE PALILLOS AVANZADO |
|
CSCD AS PEDRIÑAS |
ELABORACIÓN DE XABÓNS |
PANADERÍA E REPOSTERÍA |
|
A.VECIÑAL NOSA TERRA DE PEREIRAS
|
COCIÑA E REPOSTERÍA VEGANA E VEXETARIANA
|
A. VECIÑOS SANTA BAIA DE MOS |
ARTE FLORAL |
PODA E TAREFAS DE CAMPO |
|
G. Baile Nosa Terra de Pereiras |
PANDEIRETA E CANTO |
PERCUSIÓN |
|
A CIVIDADE |
CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS |
ZUMBA |
|
MM. RR. VAL DA LOURIÑA |
COCIÑA ELABORADA SÁ |
PILATES |
|
C.C.D. SANTA EULALIA |
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA |
A. V. PETELOS |
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA |
ELABORACIÓN CERVEXA ARTESÁ |
|
ASOCIACIÓN V. E C. LEDICIA SANGUIÑEDA |
PRIMEIROS AUXILIOS |
FOTOGRAFÍA |
|
C. C. ABRENTE |
XIMNASIA |
ARTE FLORAL |
|
ASOCIACIÓN DE V. DE SAN ELEUTERIO |
PILATES |
A. R. C. DE GUIZÁN |
ZUMBA |
AXILIDADE MENTAL |
|
ASOMAMOS |
CANTO E PANDERETA |
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180