Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 25 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva aproba 21 dos 25 convenios enmarcados no plan de reequilibrio

A presidenta da Deputación destacou que “son convenios por case 11 millóns de euros que permitirán a 21 concellos impulsar proxectos e dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial”.

[Img #37730]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 21 convenios enmarcados no Plan de Reequilibrio dos concellos da provincia, impulsado pola institución. Estes convenios, 21 dos 25 beneficiarios do plan, permitirán aos municipios poñer en marcha proxectos singulares e asinaranse o vindeiro 28 de decembro no Pazo Provincial.

 

A presidenta Carmela Silva destacou que “falamos de convenios para proxectos na provincia por valor de 10,8 millóns de euros, en concreto 10.810.089,86, que permitirán a 21 concellos impulsar proxectos e dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial”. Silva detallou que os convenios aprobados hoxe na Xunta de Goberno correspóndense cos concellos de Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Meis, Mondariz, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, Silleda, Soutomaior e Vilaboa e que soamente faltan por aprobar os correspondentes a Bueu, Caldas, As Neves e Nigrán.

 

Máis polo miúdo, a Deputación de Pontevedra destinará a Barro 286.790,97 euros para que poida construír a piscina pública municipal en Outeiro, cun orzamento total de 358.488,82 euros. Campo Lameiro recibirá 367.003,71 euros para que poida levar a cabo a actuación do centro de estancia no concello, cuxo custe total ascende a 571.003,71 euros.

 

Pola súa banda, a Deputación destinará Á Cañiza 306.673,72 euros para a urbanización do parque central do concello, cun orzamento total de 383.217, 15 euros, e  a Catoira 386.958 euros para o equipamento do centro de activación cultural “Torres do Oeste”, cuxo custe total ascende a 483.697,50 euros.

 

No caso de Covelo, a Deputación de Pontevedra achegará 287.407,14 euros para a mellora da accesibilidade e humanización da praza de Barciademera, que conta cun orzamento total de 359.258,93 euros; e Crecente recibirá 370.403,35 euros para levar a cabo a actuación do edificio polideportivo, pistas de padel e mellora de accesos e servizos na rúa García Neira, cun custe total que ascende a 463.004,19 euros.

 

Forcarei recibirá 312.000 euros para a reforma do albergue para ximnasio, cun orzamento total de 390.000 euros; e Fornelos de Montes 549.385,34 euros para a urbanización, ximnasio e pista de pádel cuxo custe total ascende a 686.731,68 euros.

 

 

 

 

O vindeiro 28 de decembro terá lugar a sinatura dos convenios entre a presidenta provincial e os alcaldes e alcaldesas

 

 

 

 

Pola súa banda, a Deputación destinará a Gondomar 639.056,65 euros para realizar a reforma da praza da Paradela e da súa contorna, cuxo orzamento total é de 798.820,74 euros; e ao Grove 1.500.000 euros para levar a cabo a actuación do proxecto de auditorio e escola de música, cun custe total de 4.318.266,85 euros.

 

No caso da Illa de Arousa, a Deputación de Pontevedra achegará 1.500.000 euros para a rehabilitación das vivendas número 1-3-5 da Rúa Marqués de Bradomín coa finalidade de convertelas en equipamentos socioculturais, que conta cun orzamento total de 2.600.000 euros. Meis recibirá 237.736,65 euros para a reforma e adecuación da praza de España do Mosteiro, cun custe total de 297.170,81 euros.

 

Mondariz beneficiarase de 423.969,92 euros para a dotación de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, cuxa actuación conta cun orzamento de 529.962,41 euros; e Moraña de 711.262,66 euros para o proxecto básico de rehabilitación e ampliación do antigo mercado municipal para convertelo nun edificio socio-cultural e multiusos, cuxo custe é de 889.078,33 euros.

 

Pola súa banda, a Deputación destinará a Ponte Caldelas 305.698,76 euros para a humanización da praza de España e do primeiro tramo da Avenida de Vigo, que conta cun orzamento total de 387.123,45 euros; e a Pontecesures 361.431,28 euros para poñer en marcha a recuperación do espazo público do concello cara a ría, cuxa actuación ascende a 451.789,10 euros.

 

No caso do Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 800.000 euros para levar a cabo a actuación no módulo de atletismo, cuxo custe total é de 1.000.000 euros. Rodeiro recibirá 354.302,80 euros para a mellora do pavillón polideportivo e ximnasio municipais e a súa adaptación á normativa vixente, cun orzamento total de 442.878,50 euros.

 

Silleda beneficiarase de 706.136,93 euros para a fase  II do campo de fútbol da Bandeira, cuxa actuación ascende a 882.671,16 euros, e Soutomaior de 281.678,72 euros para a remodelación do campo de fútbol municipal de Arcade, cun coste total de 352.098,40 euros. Amais, Vilaboa recibirá 122.193,26 euros para poñer en marcha a fase II da remodelación do club de piragüismo, cuxo orzamento total ascende a 152.741,57 euros.

 

O Plan de Reequilibrio é unha iniciativa, con bases claras, transparentes e obxectivas, dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, para poñer en marcha novos investimentos en dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial. Máis polo miúdo, a través do plan, os 25 concellos beneficiarios poderán poñer en marcha grandes equipamento e dotacións, centradas na ocupación do espazo público pola cidadanía, cambiando o modelo de trama urbana, impulsando as humanizacións así como equipamentos e dotacións deportivas, culturais, sociais ou de lecer e ocio, para dar resposta á situación de falta de equilibrio entre os concellos da provincia por mor das decisións arbitrarias dos anteriores gobernos.

 

Os proxectos enmarcados no Plan de Reequilibrio da Deputación de Pontevedra deberán estar iniciados antes do 30 de xuño de 2018 e rematado antes do 30 de xuño do 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.