Mos
O BNG de Mos dí que no proxecto do RC Celta “empezouse a casa polo tellado”
Miguel Anxo Aldea Moscoso asegura que "anunciouse un investimento nun proxecto, sen ter asegurado nin un só metro cadrado de terreo".
![[Img #37745]](upload/img/periodico/img_37745.jpg)
O portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos, Miguel Anxo Aldea Moscoso, explica nun comunicado "a obriga que ten o BNG de Mos é velar porque os dereitos dos cidadáns do concello non se vexan mermados por calquera tipo de proxecto que se queira levar a cabo no territorio municipal, sexa cal sexa o promotor de dito proxecto".
Por esta razón, o BNG de Mos mantén "contactos coas Comunidades de Montes afectadas así como proximamente, coas comunidades de augas que verían danadas as captacións que dan auga a centos de veciños" debido as instalación que o R.C Celta pretence facer en Mos.
"A inversión millonaria que parece que vai ter lugar, non é óbice para que as cousas non se fagan ben. Neste caso parece que se comezou a casa polo tellado, e anunciouse un investimento nun proxecto, sen ter asegurado nin un só metro cadrado de terreo", asegura Miguel Anxo Aldea.
O BNG dí que "seguirá fiscalizando todo este proxecto para evitar perxuizos aos nosos cidadáns".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22