Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 29 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos despide o ano con 18.000 uvas

A Festa Pre Fin de Ano organizada polo Concello contará coa animación musical da Orquestra Olympus.

Mos repartirá 18.000 uvas para recibir ao 2018 por todo o alto e por adiantado na súa Festa Pre Fin de Ano. A gran novidade deste Nadal en Mos é a Festa Pre Fin de Ano que se celebrará o 30 de decembro no contorno do Pazo de Mos que contará con Dj e animación a partir das 22.00 horas e badaladas con uvas e cotillón ás 24.00 horas. O fin de festa correrá a cargo da Orquestra Olympus.

 

A concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informou  de que o vindeiro sábado repartiranse en Mos 1.500 paquetes con 12 uvas cada un, ademais de cotillón para cada un dos asistentes; para que ao público que se anime a celebrar por adiantado na localidade mosense a chegada do novo ano, non lle falte de nada. Ademais o recinto estará cuberto por unha gran carpa.

 

Este é o primeiro ano que se organiza en Mos este evento que dende o Concello espérase que sexa multitudinario e que teña continuidade durante moitas edicións máis. A calidade da Orquestra Olympus asegurará o baile ata ben entrada a madrugada, xa que a animación musical non pode faltar en toda despedida de ano ao grande que se precie.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.