GALICIA
"Hábleme español!": esta é a resposta que recibe un cliente dunha superficie comercial
"Atención ao público de El Corte inglés négase a entender e atender en galego" aseguran dende A Mesa.
Os feitos aconteceron arredor das 12h do 27 de decembro unha semana despois de o Parlamento rexeitar a ILP que pretendía ampliar e garantir o dereito ao uso pleno do galego nas relacións comerciais. A denuncia foi realizada grazas á Liña do Galego, servizo gratuíto para consultas, queixas e parabéns relacionadas cos dereitos lingüísticos.
O afectado chamou a El Corte Inglés en Santiago para consultar a hora de peche durante o período de nadal, mais no servizo de atención ao cliente aseguráronlle non entendelo, polo que se non lles falaba en castelán non o atenderían. Tras recibir a queixa A Mesa púxose en contacto con este servizo para recriminarlles esta actitude, na cal se reafirmaron.
Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira “este é un exemplo máis da febeleza da cativa lexislación que ampara o uso do galego e da necesidade de se ter admitido a trámite a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que impulsou a entidade en defensa da lingua que chegou ao Parlamento de Galiza co aval de 28.000 sinaturas. Precisamente un dos argumentos do PP para xustificar o voto en contra foi existir xa garantía suficiente, o que a práctica diaria con centos de casos como este, desmente.
Marcos Maceira: “esta é actitude de El Corte Inglés en todos os territorios con lingua propia ou só desprezan o galego?”
Maceira apuntou que “Ningunha empresa, por privada que sexa, pode tratar á clientela galega como unha clientela de segunda nin negarlle un servizo polo feito de falar na súa lingua, que é a propia e oficial do territorio no que vive. Entendemos pois que estamos ante unha vulneración non só dos dereitos do consumidor senón tamén da Declaración de Dereitos Humanos que impide a discriminación por razón de lingua”.
A Mesa demandará tamén por escrito a El Corte Inglés explicacións e lembraralle a súa obriga de cumprir co artigo 46 da Lei 2/2012, de protección das persoas consumidoras e usuarias que especifica: “ os consumidores, nas súas relacións de consumo, teñen dereito a usar calquera das linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia”.
Do mesmo xeito, instará á Secretaría Xeral de Política Lingüística que actúe ante a flagrante vulneración dos dereitos básicos dun cliente. “Non pode ser que en Galiza se pisen os dereitos dos galegos e galegas e a Xunta non faga o máis mínimo” engadiu Maceira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56