O PORRIÑO
O persoal de Maderas Iglesias demanda o apoio do Parlamento para garantir os postos de traballo
Os representantes sindicais da empresa do Porriño reuníronse cos grupos políticos e co IGAPE.
![[Img #37840]](upload/img/periodico/img_37840.jpg)
O persoal da empresa de Porriño Maderas Iglesias, trasladou a Compostela as súas demandas. A primeira hora da maña de onte xoves representantes das traballadoras/es mantiveron un encontro con representantes dos grupos políticos no Parlamento de Galiza e posteriormente intentaron reunirse co IGAPE, que só recibiu a 7 representantes do comité, pero non permitiu que participaran na xuntanza nin alcaldes, nin asesores das organizacións sindicais.
O pasado día 12 de decembro comezaron as negociacións entre a representación das traballadoras/es e a dirección da empresa. Segundo explica o presidente do comité, Vicente Morales, Maderas Iglesias puxo sobre a mesa a liquidación de 140 postos de traballo dos 249 cos que conta na actualidade, ou a liquidación de todos, se esta proposta non se acepta. “A empresa dá un prazo do 12 ao 30 de xaneiro para chegar a un acordo, pero non garante que vaia cumprir. Como lle dis a un traballador: vaste e cobrarás ou non? Iso é inviábel”.
Por iso trasladaron onte a súa protesta e demandas ao Parlamento de Galiza. “Queremos salvar a empresa e garantir os postos de traballo”, explicou a representante da CIG Enriqueta García. “Queremos no Parlamento que nos apoien, que haxa un compromiso político, porque somos a maioría mulleres que estamos nunha idade moi crítica. Eu teño 45 anos, pero hai xente de 55 e 56 anos. Unha vez peche a empresa as mulleres, con esa idade, temos o mercado laboral pechado”.
En pleno ERE a empresa vai á Feira de Valencia
Denuncian que houbo unha mala xestión e que a dirección da empresa non soubo aproveitar o repunte que houbo no ano 2015. Non entende como é posíbel que nese momento mesmo se contratara máis persoal e que haxa unha débeda privilexiada cos bancos de máis de 34 millóns de euros que, ademais, non teñen intención de pagar.
Para o presidente do comité tampouco é comprensíbel que en plena negociación da liquidación ou dun ERE extintivo e con esa situación económica á empresa se presente na Feira de Valencia. “Din que van repuntar a empresa, pero é unha contradición. Sabemos que a empresa ten esas débedas porque as vimos nas contas; que os bancos xa están presionando ao empresario, porque xa non ten credibilidade ante ninguén, pero en realidade só sabemos iso”.
O Igape só fiscalizará a actuación da empresa
Esa é precisamente a información que pretendían obter no Igape, ademais dun compromiso de apoio que non chegaron a conseguir. Xulio Vicente, representante da CIG-Construción, denuncia os “malos modos” cos que foron tratados e explica que diante da negativa a recibir a asesores e alcaldes estes presentaron unha reclamación.
Con todo aclara que, cuariosamente, non chegaron a desprazarse até este organismo os alcaldes do PP e sinala que que o único compromiso que se lles trasladou ás/aso represnetantes do comité é que van fiscalizar a actuación da empresa para que esta cumpra coa lei.
Situación crítica para as familias
A situación para o persoal, que vén padecendo atrasos nos cobros das súas nóminas desde hai tempo, é moi delicada. “Hai traballadoras/es ás que está axudando o propio concello. Até o de agora cobrabas o 10, o 15 ou máis do 20. Iso para unha familia que teña unha hipoteca, repercute en todo”, lamenta o presidente do comité.
Morales lembra que Maderas Iglesias chegou a ter máis de 800 traballadoras/es e que concellos da zona e asesores cren que é viábel. Por iso reclama que se lles aclare exactamente cal é a situación. “A información que temos é o que nos conta o empresario”, afirma, e se non se fai algo antes, ou se acepta o acordo de liquidar os 140 postos de traballo ou a empresa pecharía o día 13 de febreiro.
As consecuencias serían terríbeis para as familias mais tamén para a zona, pola cantidade de postos de traballo que hai en xogo. Por iso esta mañá tamén se trasladaron alcaldes para apoiar as demandas do persoal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215