Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 02 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP demanda o cumprimento dos acordos co sector de taxi

[Img #37869]

 

O portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera presenta para o seu debate no pleno Municipal do mes de Xaneiro unha moción instando o goberno Municipal o cumprimento dos compromisos de principias do ano 2015 antes da celebración da eleccións Municipais de todos os grupos Municipais co sector do taxi o cal a data de hoxe está na mesma situación agravando a situación do mesmo.

 

"Cabe lembrar que o compromiso era moi claro e conseguiuse a unanimidade de todos os grupos municipais que consistía que coa modificación da ordenanza municipal do taxi que se debatía nese momento realizar un planin de redución de numero de taxis no Concello pois as 35 existentes na actualidade fai inviable que este sector teña viabilidade" asegura Juan Carlos.

 

"A propia Lei  galega do sector especifica que como máximo deberá haber un máximo de 1 taxi cada mil habitantes se Ponteareas ten 23.000 habitantes e existen 35 licenzas, sobran 12, co cal o sector é inviable nestes momentos. Devandito acordo era moi claro combinar as xubilacións dos titulares da licenzas o Concello iría asumindo o custo económico das mesmas e procedendo á anulación das mesmas de común acordo cos propietarios realizando como mínimos os retirada de duas licencias por ano" explican dende ACIP.

 

"Cabe lembrar que a redución de licenzas de taxis que son un servizo público polo cal son competencia do Concello está a realizarse reducindo en todos os Concellos de Galicia de común acordo entre os Concellos e os titulares das mesmas exemplos Vigo,Redondela,Porriño erc.., os tempos cambiaron lembra González Carreira e este servizo ve reducida a súa actividade sendo inviable a súa supervivencia coas 35 licenzas existentes nestes momentos é mais a situación é moi complicada parta o sector pois non son capaces de garantir uns ingresos mensuais dignos" aseguran den de ACIP.

 

Tamén elmbran que "que pasados máis de 2 anos e medio de goberno BNG, Psoe e Riada do Tea ,o chamados goberno de esquerdas neste Concello non cumpren os acordos que se asumían en cando estaban na oposición o cal é lamentable mais cando neste Concello a situación económica ha mellorado e perfectamente pódese poñer en marcha o comprometido".

 

Dede ACIP aseguran que "o Concello esta dentro dun programa europeo chamado EDUSI cun montante de máis de 6 millóns de euros e dentro do mesmo na liña 6 existe un programa de implantación de sistemas de mobilidade urbana sustentable en cal achega como mínimos 500.000 euros que perfectamente podería asumirá a esta demanda de mellora e viabilidade do sector do Taxi no noso Concello só fai falta vontade e compromiso".

 

"Pero moito nos témemos que as guerras internas dentro do goberno municipal cada un mantendo os seus intereses pageno os veciños como sempre. Cabe lembrar que os propios taxitas esta fartos de demandar o cumprimento das normas dentro do sector e asa demandáronllo en varias ocasións á propia concelleira de seguridade principalmente do intrusismo que están a sufrir de taxistas doutros concellos que traballan neste Concello e que reciben como resposta boas palabras pero soluciones ningunha" explican.

 

Desde ACiP demandarán ao pleno Municipal "que se cumpra co asumido e mais que se poña en marcha unha comisión composta por todos os grupos Municipais para dar cumprimentou á mesmas e que sexa posta en marcha nun máximo de 1 mes esperando sexa aprobada no pleno Municipal".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.