Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 04 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O paro baixou no Porriño en decembro por noveno mes

O paro descendeu por cuarto mes consecutivo no Porriño e a finais do pasado mes de decembro había na vila 1.618 persoas desempregadas, un dato que non se coñecía na vila dende hai unha década.


Segundo os datos publicados este mércores polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a  taxa de desemprego situouse no Porriño no 17,4%, en total 5,6 puntos menos que no inicio da xestión do actual Goberno Local cando 2.139 porriñeses estaban na procura dun posto de traballo, 521 máis que na actualidade.


En relación co mes de decembro de 2016, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño baixou de 1.844 a 1.618, o que supón que hai 226 traballadoras e traballadores máis no concello: en so un ano o paro caeu en máis de 2,5 puntos.


A alcaldesa, Eva García de la Torre subliña a importancia das medidas que se están a tomar dende a Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón,entre elas o programa ‘Porriño Accede’, baseado en convenios asinados entre o Concello e empresas da vila, grazas ao cal hai ducias de veciñas e veciños que volveron ao mercado laboral ou empezaron a traballar.


Tamén están a facilitar o descenso do paro os ‘Plans de Emprego’, posibles grazas ao  investimento de máis de 600.000€ de fondos municipais, e os acordos con outras administracións, obtendo axudas e subvencións que tiveron coma destino accións que serviron para incrementar as probabilidades de empregabilidade das veciñas e veciños do Porriño, e pon coma exemplo o recen aprobado ‘Plan Integrado de Emprego para Mulleres’ (PIEM), que conta cunha importantes achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.