PROVINCIA
Digna Rivas clausura no Grove o obradoiro de xabóns do programa "Tecendo Lazos"
Máis de 25 persoas, entre avoas e avós e nenas e nenos, se xuntaron na Antiga Escola Monte da Vila do Grove para participar no programa interxeracionalda Deputación de Pontevedra.
![[Img #38022]](upload/img/periodico/img_38022.jpg)
A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, clausurou onte luns o obradoiro de "Elaboración de xabóns con receitas da avoa" enmarcado no programa "Tecendo Lazos". Esta actividade, na que se deron cita 25 persoas, entre cativas e cativos e avoas e avós, tiña por obxectivo fomentar o envellecemento activo das persoas maiores e impulsar as habilidades sociais e a empatía das máis novas a través dunha serie de obradoiros interxeracionais de lecer e tempo libre, neste caso, para aprender a realizar xabóns artesanais.
Digna Rivas destacou a necesidade de poñer en marcha esta actividade para "aprender uns doutros xa que nestes momentos os avós e avoas teñen máis obrigacións que devocións, con pouco tempo de lecer para estar cos rapaces e rapazas, aprender xuntos e intercambiar experiencias". Ao respecto, a deputada provincial destacou que "Tecendo Lazos responde a esta necesidade, a de aprender xuntos, neste caso a facer xabóns nun lugar con tanta tradición como O Grove, pero tamén intercambiar experiencias, coñecer as historias e tradicións da vila que, en moitas ocasións, as máis mozas e mozos descoñecen", subliñou Rivas.
"Tecendo Lazos" trátase dunha iniciativa do servizo de Cohesión Social e Xuventude á que a institución provincial destinou no 2017 60.000 euros. Os principais obxectivos do programa son o fomento do envellecemento activo das persoas maiores e o impulso das habilidades sociais e a empatía das máis novas a través de obradoiros de lecer e tempo libre. Estas actividades, que rematan esta semana, destináronse a persoas de distintas xeracións dunha mesma familia, para a adquisición de lazos afectivos entre elas, dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Ademais, impulsáronse estratexias e oportunidades para crear espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio de recursos, ideas e valores que produzan lazos afectivos para poder construír sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
En xeral, "Tecendo Lazos" ofertou nos últimos catro meses do 2017 cinco temáticas de obradoiros diferentes: "Risos en familia", "O noso son", "Xogos e xoguetes tradicionais. Xogando en familia", "Faino ti mesmo" e "Rastrexos". Como novidade principal os obradoiros levaban incorporado un módulo titulado "A historia do meu concello" no que se fixo partícipe ás persoas na recompilación de relatos e historias dos concellos da provincia nos que se desenvolveron as actividades.
A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, destacou que "a primeira edición de Tecendo Lazos, no Nadal do 2016, xa foi todo un éxito e a que estamos a clausurar esta semana, coa ampliación do programa para a súa realización entre setembro e decembro, arroxa tamén datos moi positivos polo que seguramente no 2018 optaremos por organizalo dun xeito semellante".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121