Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 16 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP denuncia que "Besada segue sen poder demostrar con documentos oficiais ónde están os cartos"

Os Populares de Salceda de Caselas acusan a Besada de "impedir que a Comisión Informativa emitise un dictame sobre o Caso Auditorio".

Dende o PP local informan que "o pasado venres día 5 de xaneiro tiña lugar a Comisión Informativa Especial sobre os cartos cobrados ós veciños e ás veciñas por tres actuacións no Auditorio Municipal no ano 2016 e que non foron ingresados nas contas do Concello polo Goberno Municipal de Marcos Besada; una comisión que fora solicitada no Pleno Extraordinario do pasado mes de novembro polos populares de Salceda de Caselas".

 

Dita Comisión tiña lugar despois dos reiterados vetos de Besada ós intentos dos populares por esclarecer o acontecido, da imposibilidade do mesmo para "demostrar con documentos oficiais ónde están os cartos e, despois de que a Sra.Interventora Municipal veña de emitir un informe claro e contundente no que se espeficica 'Revisada a contabilidade correspondente ao exercicio 2016, non consta na aplicación orzamentaria 34902 dereito recoñecido e/ou ingreso correspondente as actuacións mencionadas' ”.

 

Segundo explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, "a Comisión estivo marcada tanto polas contínuas negativas do Alcalde a tratar o tema en profundidade coma polas contradicións entre o mesmo e a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez: A Concelleira lía no Pleno do pasado 2 de xuño unha copia dun contrato que, segundo explicaba,  o Concello asinara cun dos intérpretes convidados. Pois ben, ó preguntarlle polo contrato na Comisión do venres, o Alcalde negaba a existencia do mesmo… Se Teresa afirmaba que si, porqué o Alcalde a desminte agora? Se non hai nada que esconder e o prodecemento seguido foi o correcto, porqué estas contradicións?”.

 

Ademais, os populares solicitaron ó Alcalde “a comparecencia dos funcionarios que traballaron na venda das entradas e recadación dos cartos co fin de esclarecer o procedemento”, mais Besada negouse por completo.

 

Asemade, solicitaron a comparecencia dos grupos que actuaron e o responsable da empresa que supostamente asinou un contrato co Concello, “unha vez máis, a negativa por resposta do Alcalde deixa en evidencia que non teñen interese en que se siga a falar do asunto, que non poden demostrar legalmente onde foron parar os cartos”.

 

 

 

 

A Comisión estivo marcada polas contínuas contradicións entre o Alcalde e a Concelleira de Cultura e as evasivas de Besada a profundizar no asunto

 

 

 

 

Continúa Davila “Como ven sendo habitual, Besada amosou unha actitude dictatorial e inquisidora durante a Comisión ó saltarse o procedemento establecido no artigo 124 do ROF,  impedindo que se cumprise o fin para o que a Comisión foi creada, a emisión dun dictame ou informe sobre o asunto que tratamos.

 

Por outra parte, como voceiro do Grupo Popular, quero amosar o noso malestar co Partido Socialista pola actitude amosada, xa que non fixeron nada durante a Comisión para que se emitise dito dictame e se informase ós veciños sobre o asunto en cuestión”.

 

“A única vía que nos deixa Besada despois do acontecido o pasado venres é a xudicial. Nos últimos sete meses, intentamos por activa e por pasiva que o Goberno demostrase ónde están os cartos. Antes de tomar medidas, esgotamos a vía política, mais o que non podemos permitir é que se xogue cos cartos dos veciños e das veciñas. Non será por falta de oportunidades” remata Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.