O PORRIÑO
O Concello do Porriño impulsa o Plan Integrado de Emprego para Mulleres
Vai dirixido a 85 veciñas menores de 30 anos e sen cualificación profesional de cara a sua volta ao mercado de traballo ou inserción laboral
![[Img #38121]](upload/img/periodico/img_38121.png)
O Concello do Porriño porá en marcha o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM) nos vindeiros meses. Este programa, co-financiado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, “vai dirixido a un total de 85 mulleres, especialmente mulleres novas, menores de 30 anos e sen cualificación profesional”, como sinala a concelleira de Emprego e Igualdade, Soledad Girón.
O PIEM, engade a concelleira, ten como obxectivo afrontar o desemprego no Porriño “e, máis concretamente, combater a profunda fenda que afecta ás mulleres”. Para atallar esta situación, levaranse adiante accións de orientación laboral e accións formativas, con prácticas en empresas, que permitirán mellorar as competencias profesionais e as posibilidades de inserción das usuarias no mercado laboral.
Para a participación no PIEM, as interesadas deberán poñerse en contacto coas oficinas da Concellería de Formación e Emprego no Multicentro de Torneiros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180