Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 15 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos destinará a antiga Casas dos Mestres de Dornelas a aluguer social

Na que se atopa actualmente habitada vive xa unha familia nese mesmo réxime de aluguer. A administración local mosense opta a unha subvención autonómica para realizar as obras de rehabilitación.

[Img #38127]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que onte pola tarde foi aprobada en Xunta de Goberno Local a solicitude da “subvención para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros ofícios e demais edifícios e vivendas de titularidade municipal”, e á que administración local mosense opta para mellorar as antigas Casas dos Mestres en Dornelas.

 

Estas axudas foron convocadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda (publicadas no DOGA número 246, do 29/12/18) que concederá aportacións económicas, en réxime de concorrencia non competitiva para execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguridade, habitabilidade e/ou accesibilidade. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñen, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares. A contía de axuda non poderá superar a cantidade de 40.000 € por vivenda rehabilitada, supoñendo a axuda a percibir o 90% do orzamento protexido das obras.

 

O Concello de Mos presenta para optar a estas axudas o proxecto denominado  “Rehabilitación da Casa dos Mestres  en  Dornelas ” que ten un orzamento total de  44.445 € (IVE incluído), e deberá cofinanciarse polo Concello a parte non subvencionable así como o importe do IVE. O proxecto foi realizado polas arquitectas Estefanía Grandal Leirós e Ludmila Castro Fiorito.

 

No devandito proxecto inclúese a optimización das dúas vivendas de Mestres existentes en Dornelas, unha das cales xa se atopa habitada en réxime de aluguer social. Unha vez melloradas as dúas vivendas, a que actualmente non se atopa habitada será tamén alugada polo Concello en réxime de aluguer social.

 

Os traballos a acometer nestas dúas casas, sitas na parroquia de Dornelas, consistirán na mellora das características construtivas das cubertas dotándoas de illamento térmico para optimizar o confort interior nas vivendas e como medida de eficiencia enerxética. A rehabilitación de ambas cubertas evitará calquera filtración de humidades.

 

Ademais das cubertas, renovarase a rede eléctrica nas dúas vivendas para adaptar a instalación ás necesidades de confort actuais.

 

O Concello de Mos ten a responsabilidade do mantemento e a conservación do patrimonio do municipio, a través da protección e xestión do patrimonio e a conservación e rehabilitación das edificacións, por iso se solicita esta subvención.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.