TOMIÑO
O Concello arranca as obras de pavimentación en A Calle con Avenida Ordóñez
Cun orzamento de 21.000 euros, colocarase un paso de peóns elevado e un lombo para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas.
![[Img #38129]](upload/img/periodico/img_38129.jpg)
O Concello de Tomiño acaba de iniciar unha serie de obras de mellora integral na rúa A Calle, na súa confluencia coa Avenida Ordóñez, na parroquia de Goián, onde ademais do asfaltado da rúa procederase a realizar actuacións para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas do municipio.
Cun orzamento de arredor de 21.000 euros, o concello pavimentará esta rúa e porá en cota as tapas dos sumidoiros distribuídos pola zona. As obras de mellora tamén contemplan a colocación de elementos que obriguen á redución de velocidade en ambas as dúas rúas: mentres que en A Calle colocarase un lombo ou unha banda redutora para que os condutores circulen por esta rúa á velocidade axeitada, na Avenida Ordóñez construirase un paso de peóns sobreelevado que garanta aos veciños e veciñas poder cruzar con seguridade.
Tras as obras de mellora instalarase tamén nova sinalización e unha cámara para unha mellor regulación do tráfico que axude ademais velar pola seguridade viaria de todos os tomiñeses e tomiñesas.
As obras estarán rematadas no prazo aproximado dun mes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213