DEPORTES
O equipo premaster do Club Natación Ponteareas bateu o récord galego na proba de 4x50 libre mixto
![[Img #38188]](upload/img/periodico/img_38188.jpg)
O equipo premaster do Club Natación Ponteareas formado por Verónica Troncoso, Anais Ucha, Martín Carrera e Daniel Argibay bateu o récord galego na proba de 4x50m, libre mixto no Campionato Galego Máster de inverno celebrado na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra os días 13 e 14 de xaneiro.
A cita reuníu a 24 equipos de toda a xeografía galega con máis de 200 participantes de todas as idades. O club natación Ponteareas acudíu a esta proba cun equipo de 26 nadadores e nadadoras que conseguiron numerosas medallas.
A categoría feminina acadou a medalla de bronce e o equipo masculino rematou na sexta posición. A clasificación final conxunta deixou ao C.N Ponteareas en cuarto lugar.
Dende a dirección técnica do Club felicitan a tódolos participantes e anímaos a continuar traballando así de cara ás próximas citas, os campionatos galegos de fondo e estilos que serán organizados polo Club Natación Ponteareas.
O Concelleiro de Deportes, Benito Fernández, anímaos a seguir esta exitosa traxectoria e felicítaos polos postos acadados esta fin de semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149