Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mireya Represa Pérez, gañadora da IV Edición do Torneo de Xadrez

Celebrouse a pasada fin de semana no Centro Dotacional de Torroso.

[Img #38194]

 

Un total de 86 xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e Portugal participaron na competición que se celebrou os pasados 13 e 14 de xaneiro nas instalacións do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.

 

Competición apoiada polo Concello de Mos, e organizada polo Club de Xadrez Mos, que continúa apostando polo xadrez, facilitando á agrupación deportiva a promoción do xadrez no municipio mosense.


A 4º edición do Torneo de Nadal foi unha competición necesaria para que os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos reforcen a súa preparación para este inicio de tempada 2018.


A clausura do torneo celebrouse o domingo día 14 e contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, e a concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro, acompañados pola directiva do Club Xadrez Mos.

 

A clasificación Xeral do torneo foi a seguinte:
1º Clasificado: Mireya Represa Pérez (Xadrez Laroca)
2º Clasificado: Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca)
3º Clasificado: Antonio Álvarez Pampillón (Xadrez Mos)

Por outra banda, os Premios Especiais foron:
1º Sub1800: Pablo Escobero Cela (Ramiro Sabell)
1º Sub1600: Isidoro García Amor (Grupo Bazan)
1º Sub12: Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos)

 

Esta competición tratábase dun torneo válido para Ránking Internacional de Xadrez Lento. O obxectivo desta competición era, tal e como se dixo, iniciar a tempada cun torneo de bo nivel no Club, para que os mozos e mozas xogadores/as integrantes do mesmo poidan chegar ao comezo de tempada o máis forte posibles, e así tratar de afrontar o ano 2018 coa maior ambición posible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.