GALICIA
Feijóo ve positivo un marco regulatorio común sobre as vivendas de uso turístico
Afirma que é necesario establecer unha regulación que evite a competencia desleal e garanta a calidade, tal e como se fixo en Galicia a través da aprobación dun dos decretos máis flexibles de España.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta semana que en Galicia saudaríase que o Goberno central establecese un marco regulatorio común sobre as vivendas de uso turístico co fin de evitar disparidades entre comunidades e inseguridade xurídica.
Así o expresaba o presidente da Xunta no panel-coloquio Claves dunha nova gobernanza turística celebrado no seo do IX Foro de liderado turístico de Exceltur, onde compartiu mesa cos presidentes da Generalitat Valenciana, Ximo Puig, e do Govern de Illes Balears, Francina Armengol, e con tres empresarios de referencia no sector turístico como son a conselleira delegada do Grupo Riu, Carmen Riu, o presidente de Balearia, Adolfo Utor e o vicepresidente de Meliá Hotels International, Gabriel Escarrer.
Como destacou o presidente do Goberno galego, en materia de vivendas de uso turístico é necesario establecer unha regulación que evite a competencia desleal e garanta a calidade, tal e como se fixo en Galicia a través da aprobación dun dos decretos máis flexibles de España. Trátase dun texto que establece un marco regulatorio que foi acordado co sector e que nace con vocación de ordenar a competencia, non de restrinxila.
Nesta liña, Feijóo tamén expresou a necesidade de que as vivendas de uso turístico cumpran as súas obrigacións fiscais e garantan a seguridade dos usuarios e veciños, como o resto dos establecementos turísticos.
Sobre a turismofobia
Os participantes no coloquio tamén abordaron os recentes brotes de rexeitamento social ao turismo ou turismofobia, o que Feijóo asociou a grupos políticos de ideoloxías radicais e moi circunscritos a territorios onde hai unha presión turística moi alta. Para o mandatario galego, a turismofobia non é un sentimento estendido en España.
Urxe a actuar para previr a turismofobia mentres sexa algo minoritario, tratando de evitar que o turismo teña un impacto negativo na vida cotiá de persoas que non teñen relación co sector
Neste sentido, ve necesario actuar para previr estes brotes mentres sexa algo minoritario, tratando de evitar que o turismo teña un impacto negativo na vida cotiá de persoas que non teñen relación co sector. Nesa misión considera que as Administracións públicas e os empresarios teñen unha gran responsabilidade.
Para iso recomenda que se diversifiquen os espazos que reciben turismo para evitar a saturación en puntos concretos e que se segmenten os mercados turísticos para centrarse en captar visitantes de maior calidade. Con respecto a isto, puxo como exemplo a aposta de Galicia por pór en valor o seu patrimonio gastronómico, natural e cultural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191