Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Todo preparado para a presentación da Deputación de Pontevedra este xoves en Fitur “Somos historias”

Ás 12 de mañá terá lugar a acción da institución provincial no Pavillón 9 do IFEMA, que será retransmitida por streaming e polas redes sociais da Deputación.

[Img #38218]

 

A Deputación de Pontevedra ten xa todo preparado para o lanzamento de “Somos historias”, a campaña que a institución dá a coñecer mañá ás 12.00 en Fitur 2018 e que ao longo de todo o ano promoverá o patrimonio da provincia. A presentación, a modo de diálogo entre a presidenta Carmela Silva, a actriz protagonista da curtametraxe, Patricia Torres, e un historiador, poderá seguirse por streaming na web de Turismo Rías Baixas e redes sociais da Deputación.

 

A curtametraxe “Somos historias”, que estará a disposición das persoas interesadas a través da canle de Youtube da institución provincial ao remate da presentación, ten por obxectivo promover desde as emocións todo o patrimonio cultural e natural máis representativo da provincia de Pontevedra, co fío condutor da figura de María Vinyals. Deste xeito, “da man dunha muller incrible” – tal e como a calificou Silva-, preténdese dar a coñecer que a provincia de Pontevedra é un multidestino, internacional e desestacionalizado, cun variado patrimonio cultural, monumental, natural e histórico do que se dará mostra mañá a través da curta.

 

 

 

 

A curtametraxe “Somos historias”, centrada no patrimonio da provincia e co fío condutor da figura de María Vinyals, poderá verse en Youtube ao remate do acto

 

 

 

 

Neste ano 2018, declarado “Ano Europeo do Patrimonio Cultural” e ano no que o Castelo de Soutomaior completará a súa musealización, a Deputación de Pontevedra escolleu o patrimonio e a figura da Marquesa de Ayerbe, María Vinyals, para centrar a súa acción promocional en Fitur. Xunto a estes elementos, na Feira internacional de Turismo vaise presentar a imaxe da campaña que tomará como base o labirinto de Mogor como símbolo de historia, cultura, paisaxe e lenda da provincia de Pontevedra. Amais, tamén se entregará unha caixa cun caderno coa imaxe do Castelo de Soutomaior e galletas e nubes de camelia elaboradas polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, CIFP A Granxa de Ponteareas e IES Montecelo de Pontevedra.


A curtametraxe, o labirinto e a caixa elaborada con produtos centrados na camelia, tan representativa do destino Pontevedra provincia, pretenden presentar unha oferta desestacionalizadora, diferenciadora e de interese no mercado internacional en liña coas directrices do Plan Estratéxico de Turismo. Amais, e tamén seguindo as directrices do plan, a acción completa aos produtos consolidados de sol, praia e gastronomía e integra recursos turísticos espallados por toda a xeografía, abrindo novos espazos de colaboración cos concellos.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.