Mos
Gañamos asegura que en Mos "hai zonas contaminadas por lindano"
![[Img #38227]](upload/img/periodico/img_38227.jpg)
Os concelleiros de GañaMós xunto co voceiro de En Marea, Luis Villares e o tamén deputado nacional, Narcos Cal, percorreron onte “as zonas contaminadas por lindano de Mós e O Porriño” da mán Plataforma Antilindano da Louriña.
Nun comunicado, emitido por Cristóbal López e Marina Alcalde, aseguran que “despois dos últimos informes aportados polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Confederación Hidrográfica está claro que o goberno de Feijóo leva moitos anos sabendo que as veciñas e veciños de Mós estabamos tragando o veleno a cotio”.
Aseguran, dende Gañamos, que teñen “constancia dos analises feitos por estos organismos sobre a contaminación por lindano na comarca da Louriña a principios desta decada, os cales foron oficialmente comunicados á Xunta sen que esta actuase nin os fixera públicos. Uns informes que falan de augas e terras cun contido en lindano de máis de 200 veces o permitido”.
Para Gañamos “o peor non é a ocultación permanente e deliberada do alcance do envelenamento senón as demostracións que estan facendo da pouca intención que teñen de abordar este problema coa consideración necesaria para acadar unha descontaminación real e integral. Mostra desta desidia e desinterese é a actidude negacionista do goberno municipal da sra. Arévalo proclamando a inexistencia de lindano en Mós ou as declaracións do sr. Feijóo decindo que este desastre sanitario é cousa do Concello de Porriño e non ten nada que ver coa Conselleria de Sanidade”.
Por último fan un chamamento “para que todas as forzas políticas e todas as administarcións arrimen o hombreiro e colaboren para rematar con esta herdanza envelenada”.
A Xunta realiza en Mos unha investigación demandada polo Concello
Pola súa banda dende o Concello de Mos informan de que a Xunta de Galicia está a realizar en Mos dende o pasado mes de decembro unha análise de lindano en determinadas zonas do termo municipal, tras solicitude da mesma por parte da administración local o pasado mes de novembro.
O devandito estudo pretende “garantir á veciñanza mosense que non exista rastro de contaminación por lindano nas zonas do termo municipal máis próximas ao porriñés polígono de Torneiros, tal é o caso das parroquias mosenses de Pereiras e Sanguiñeda e, concretamente dentro das mesmas, en Pereiras a contorna da empresa Syngenta no barrio de San Rafael ó redor da Avenida da Florida e da Estrada PO 331 Porriño-Gondomar; a zona do Cristo de Belén en torno á rotonda que enlaza coa PO 331 e o núcleo de Agueiro e, en Sanguiñeda, na Avenida de Sanguiñeda na contorna do Colexio Mestre Valverde Maio”.
A empresa que está a realizar o estudo, que ten unha duración de tres meses, é Eptisa Servicios de Ingeniería, e foi contatada pola Xunta. Trátase dun estudo pormenorizado dos solos e augas das zonas enumeradas, que son as que poderían ser sensibles de conter algún vestixio de contaminación por lindano.
A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declaraba recentemente que “cónstanos que algún partido político da oposición xa está a mover fíos sobre o asunto do lindano co obxectivo de sacar rédito político deste tema, polo que pido, por favor, que non se cree unha alarma social para satisfacer intereses políticos”. Arévalo, rexedora local mosense, insistiu en que “como alcaldesa fun a primeira en tomar medidas neste asunto demandando á Xunta o pertinente informe, polo tanto agora dende esta Alcaldía non se tolerará que ninguén veña a dar ordes ou dicir o que hai que facer ou como hai que actuar -para beneficiarse políticamente-, posto que os pasos correctos xa están dados”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22