Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 20 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Tui será o punto de partida da peregrinaxe a remo

Os promotores agardan que se poña en marcha este verán. Realizarase en cinco etapas.

[Img #38230]

 

Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a remo que esta semana foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dun proxecto interesante para Tui por todo o que implica que en Tui se ensamblen os barcos de remo para iniciar o camiño dende a cidade. Salientou amais o dobre interese do proxecto por esta vinculado ao río Miño e ao Camiño de Santiago, dous dos grandes activos da cidade.


O concelleiro de Deportes e Turismo, Andrés Urseira, fixo  fincapé no interese turístico deste proxecto co seu carácter diferenciador, e co feito de ter a Tui coma base do mesmo.


Este proxecto do Camiño  plantexa a realización do mesmo en cinco etapas a primeira polo río Miño dende Tui até A Guarda, a segunda dende Vigo, pasando por Cangas, Moaña e San Simón, até Pontevedra, a terceira partiría da cidade do Lérez até Bueu. A cuarta irá dende O Grove até Vilagarcía, e a última remataría en Pontecesures.


Rodrigo Arbones, promotor do proxecto que agarda sexa unha realidade este verán, sinalou que o mesmo xurdiu ante o interese que existía en facer o Camiño de Santiago en barcos de remo de forma discontinua polo río Miño e as Rías Baixas. Tras numerosos contactos nos últimos meses conta xa coa implicación dos dous clubs de remo de Tui, o Remo Tui e o Remo do Miño. O seguinte paso sería o ensamblado dos barcos que deseñou Alec Jordan, con capacidade para catro persoas e un temoneiro, proceso que durará aproximadamente 6 semanas. A navegación farase sempre a menos dunha milla da costa para garantir a seguridade dos peregrinos, e previo ao inicio do Camiño terían que facer un par de días de adestramento en Tui. A iniciativa vai dirixida a todos aqueles interesados pero teñen coma principal público obxectivo o chegado dende Inglaterra ou Escocia, aproveitando amais as viaxes ofertadas por distintas liñas áreas no entorno.


Pola súa parte Alec Jordan explicou coma a idea de barcos en kits xurdiu tras o encargo que lle fixo o Museo Naval de Escocia en 2009, e o que a priori parecía unha boa idea, resultou ser unha gran idea, dicía, xa que teñen distribuído máis de 300 barcos por distintos países.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.