NIGRÁN
Nigrán cubre unha praza vacante dende hai máis dunha década de oficial de Policía Local
Teodoro de la Peña tomou posesión onte despois de que superase o concurso-oposición destinado a promoción interna.
![[Img #38233]](upload/img/periodico/img_38233.jpg)
O Concello de Nigrán conta cun novo Oficial da Policía Local despois de que onte tomase posesión o axente Teodoro de la Peña tras superar o concurso-oposición mediante promoción interna desta praza que levaba vacante máis dunha década por xubilación. Coa incorporación de De la Peña, que comezou como axente en Nigrán en 1990, son tres os policías que ostentan este cargo intermedio, sendo o cargo superior o de inspector.
O goberno de Nigrán dará prioridade absoluta a seguir aumentando o número de axentes sempre e cando a diferente lexislación o permita, xa que en Nigrán, como na maioría dos municipios galegos, non se cumple o ratio desexado de 1,8 axentes de Policía Local por cada 1.000 habitantes. "Reforzar o cadro de persoal da Policía Local significa reforzar a seguridade dos nosos veciños, e nese sentido o noso compromiso é máximo", indica o alcalde, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115