Mos
O BNG acusa a Plataforma 'Antilindano', Marea e Gañamos de facer “demagoxia”
Despois de que a plataforma antilindano se reunise en Mos coa Marea e con GAÑAMOS para denunciar a contaminación por Líndano en diferentes parroquias do Porriño e Mos, e tras pedir un plan de descontaminación para as zonas afectadas, dende o BNG lembran que “ésto xa o tiña pedido o BNG hai 19 anos”.
Óscar Rodríguez Campo, Responsábel local do BNG de Mos cree que “esta reunión por si mesmo entra dentro da normalidade do funcionamento dunha plataforma, pero o grave é o que se di: ‘só En Marea escoita as súas reivindicacións’, iso é mentira”.
Para Óscar Rodríguez “a cercanía política con ese partido da persoa da plataforma que fala é coñecida, e deixa en mal lugar á propia plataforma , xa que vese ás claras que non se quere ver o que fan os demais partidos sobre este tema. As persoas de Gañamos deberían ter informado nese mesmo momento de que o que dicía non era certo, pero vaille ben con ese tipo de mentiras” asegura nun comunicado.
Inda que normalmente desde o BNG non se pronuncian sobre este tipo de afirmacións, explican que “dada a gravidade do tema do lindano, consideramos insultante ese tipo de afirmacións partidistas. Cabe lembrar o traballo feito polo BNG xa nos finais da década dos noventa, e máis recentemente a finais do ano 2017. Para lembrar a certas persoas que parecen ter unha visión moi parcial, relataremos o que se leva feito máis recentemente:
O 18/11/2017 o BNG-MOS advirte dunha posíbel afección de líndano e presenta un escrito no rexistro do concello de Mos para que se estude este tema analizando terras e augas.
No pleno de novembro con data 20/11/2017 o noso concelleiro Miguel Aldea recabou información sobre a postura do PP neste tema é pediulle que asumiran o presentado no noso escrito.
O 12/12/2017 o BNG presenta unha moción no parlamento galego sobre o líndano, para a súa localización e demandando a a súa descontaminación, esta petición foi apoiada polo PP e demais forzas da oposición.
O 11/01/2018 a Xunta de Galiza por mediación dunha empresa está a realizar o análise de líndano en determinadas zonas do concello, o estudo ten unha duración de tres meses no cal ao seu remate publicarán o seu informe”.
Por último dende o BNG-MOS advirten que “ca saúde publica non se xoga, tráballase e non se fai demagoxia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22