PROVINCIA
Aprobadas as bases para conceder préstamos sen xuros por valor dun millón de euros aos concellos
“Adiantamos o máximo posible estas achegas porque consideramos que se tratan dun instrumento máis de planificación das políticas públicas dos concellos”, subliñou Silva.
![[Img #38252]](upload/img/periodico/img_38252.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para a concesión de préstamos sen xuros por valor dun millón de euros dirixidos aos concellos de menos de 50.000 habitantes que o soliciten. Estas achegas teñen por obxectivo facilitar aos concellos unha fonte de financiamento co que poder afrontar a execución de investimentos incluídos en plans provinciais ou municipais ou en programas de investimentos con outras administracións e, excepcionalmente, con destino ao financiamento de operacións de tesourería para facer fronte a desfases transitorios ou necesidades urxentes.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “ao igual que fixemos o ano pasado, novamente estamos a facer un esforzo para adiantar o máximo posible estas achegas porque consideramos que se tratan dun instrumento máis de planificación de políticas públicas”. Os préstamos que vén de aprobar o goberno da Deputación, por valor dun millón de euros, non teñen xuros, nin comisións, nin gastos doutro tipo. Ao respecto, a presidenta provincial recordou que “o anterior goberno concedía préstamos e anticipos con intereses situados no 2%, algo que nós decidimos suprimir co fin de contribuír a facilitar e mellorar a situación que están a vivir os concellos da nosa provincia”.
Os préstamos aprobados polo goberno da Deputación non teñen xuros, nin comisións, nin gastos doutro tipo, “algo que non acontecía co anterior Goberno”
Os concellos de menos de 50.000 habitantes interesados en solicitar estes préstamos deberán presentar a súa solicitude nun prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación do extracto das bases no BOPPO. En xeral, poderán solicitar estas achegas os concellos que teñan aprobado o orzamento para o exercicio corrente ou, no caso de prórroga, cumprir co previsto na lexislación. Amais, tamén deberán cumprir co previsto na lexislación relativo á concertación de operacións de crédito e non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación.
No ano 2016 beneficiáronse destes préstamos sen xuros Catoira, Fornelos, Arbo, A Lama, Poio e Ponteareas e en 2017 Fornelos, Silleda, Catoira, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza, Salceda, Cuntis e Vilanova de Arousa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213