Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 21 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Adxudicada a obra da humanización en Puxeiros

No prazo dun mes comezarán os traballos.

[Img #38262]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta semana de que foi aprobada en Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación á empresa construtora que levará a cabo a obra de humanización que se vai acometer na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.

 

Esta obra é contratada pola administración local mosense e financiada mediante unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os traballos iniciaranse dentro dun mes aproximadamente e desenvolveranse ao longo dun trimestre.

 

Detalles da obra

A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atópase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603 (Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).

 

O Concello de Mos, segundo declararon os representantes municipais Nidia Arévalo, rexedora local, e Luis Alonso, concelleiro de Vías e Obras “está concienciado sobre a necesidade de aumentar a seguridade viaria e humanizar os tramos de vías municipais que discorren polos núcleos máis urbanos. Por iso, para dar continuidade ao tramo urbanizado existente, tomouse a decisión de realizar a humanización do tramo que vai desde a ligazón coa A-55 no punto quilométrico 9 e acaba na glorieta da que parte a Estrada Puxeiros-Mos (EP-2601) e a Rúa Ludeiro, ao norte (PK 0+468)”.

 

O ámbito de actuación, ao sur do tramo urbanizado da Avenida de Puxeiros, actualmente carece de beirarrúas e ten unha iluminación pobre, nun tramo cun tráfico denso, ao servir de acceso á A-55 quilómetro 9 para algúns dos polígonos industriais da zona. Por iso, para mellorar a seguridade viaria dos peóns e dos usuarios da vía, as actuacións inclúen principalmente a humanización deste tramo da Avenida de Puxeiros, mediante a ordenación de espazos. Desta forma créanse itinerarios peonís máis seguros, con novas beirarrúas (marxe oeste) e sendas a nivel (marxe este).

 

Así mesmo, proxéctase un novo muro de pedra na marxe oeste, para conter a citada beirarrúa. E como obras complementarias que aumentan a seguridade viaria incluiranse a mellora da iluminación (farois con leds de baixo consumo), adecuación da drenaxe aos novos pavimentos, creación dunha mediana que se axardinará para urbanizar esta contorna, execución de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical, entre outras.


    
O investimento previsto é de 261.858 euros e o prazo de execución prevese, como xa se dixo, en 3 meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.