Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 25 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A concesionaria Aqualia emprende unha campaña preventiva de limpeza nos 34 pozos de bombeo

O obxectivo é garantir o correcto funcionamento da rede de sumidoiros evitando obstruccións na tempada de choivas.

[Img #38300]

 

Aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Abastecemento e Saneamento de Augas do  Concello de Nigrán, está a levar a cabo traballos de limpeza da rede municipal de saneamento desde inicios de ano para asegurar o correcto funcionamento da rede de rede de sumidoiros. Este inclúe a limpeza dos 34 pozos de bombeo de augas residuais cos que conta o municipio e 4.115 metros de colectores. Dita actuación forma parte do plan preventivo programado entre concesionaria e Concello para a posta a punto da rede municipal e evitar  así problemas aos veciños conectados ás redes de saneamento.

 

Trátase da primeira campaña preventiva das catro que se realizarán ao longo do ano e o obxectivo é garantir o mellor servizo para a tempada de choivas facendo fincapé nos puntos definidos como conflitivos (baseándose en distintos aspectos tales como estado e antigüidade da rede, volume de auga residual que soporta, problemáticas que adoita presentar,  tempo transcorrido desde a última limpeza e a propia experiencia da concesionaria do servizo). Paralelamente, lévanse a cabo limpezas  correctivas para os atascos que se producen de forma imprevista e que se resolven de forma practicamente instantánea.

 

Os traballos realízanse con medios mecánicos grazas a un camión de impulsión-succión de última xeración que facilita o labor aos operarios ao tempo producen as mínimas molestias aos veciños porque veñen dotados dun sistema de redución de ruídos. O vehículo conta cunha  tobera que se introduce nos colectores e succiona os residuos ou impulsa auga a gran presión dependendo do tipo de obstrución que se detecte.  Con este sistema extráese tódolos elementos acumulados dentro e que dificultan a circulación  das augas residuais, podendo chegar a producir inundacións nas rúas. Así, os colectores recuperan a súa capacidade hidráulica de transporte.

 

Colaboración cidadá
Concello e Aqualia inciden na necesidade de que tódolos veciños se conciencien co bo uso do sistema público de rede de sumidoiros, evitando arroxar suciedade, verquido,  toallitas hixiénicas,  bastoncillos ou papeis á rede de sumidoiros, elementos que provocan obstrucións e malos cheiros nas rúas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.