SALCEDA DE CASELAS
Verónica Tourón renova como secretaria xeral
Este sábado celebrouse a Asemblea Xeral para a renovación dos cargos locais do PsdeG-PSOE de Salceda.
![[Img #38332]](upload/img/periodico/img_38332.jpg)
Ó fronte da mesma continuará Verónica Tourón, a actual voceira socialista renova así o seu cargo e dirixirá o partido socialista local. Unha asemblea na que se aprobou por unanimidade a nova executiva así como a xestión da executiva anterior.
A agrupación local conta tamén por primeira vez coa figura de Presidente, que ostentará Antonio Rivero. unha figura moi relevante do socialismo local. Antonio Rivero, conta con máis de 30 anos de militancia, foi candidato á alcaldía de Salceda no ano 1987 e estivo como concelleiro ata o 1991.
“Esta executiva ten como obxectivos fundamentais continuar co traballo feito nos últimos anos, seguir recuperando a forza e a representatividade, favorecer a conexión do PSOE cos veciños e veciñas de Salceda e continuar traballando no proxecto propio socialista cara as eleccións municipais do 2019”, asegura Verónica Tourón.
Ó seu carón, estarán compañeiros que xa tiveron en algún momento responsabilidades orgánicas como Rubén González que pasa a ser o novo Vicesecretario Xeral, Luis Pereira que continuará como secretario de Acción Municipal, Marina Cabaleiro en formación, Ángela Ledo, actual concelleira e que dirixirá Igualdade , Silvia Rodríguez en deportes, Angel Nevado en novas tecnoloxías ou Patricia González en administración. Pero tamén persoas que chegan de novos a estes cargos como Mónica Pampín, que será a nova Secretaria de Organización, Francisco Javier Pereira e Andrea Groba que ocuparán as secretarías de Acción Electoral, José Valcárcel e Florencio Pérez que dirixirán Medio Rural e Medio Ambiente e Isabel Martínez en Xuventude.
Tourón explica, que “o aumento de membros da executiva local responde a necesidade do traballo que se está levando a cabo cara as eleccións municipais do 2019, e é o reflexo do crecemento de afiliados e simpatizantes que se sumaron á agrupación dende as pasadas eleccións municipais no 2015.”.
Dende a nova executiva explican que cada vez son máis as persoas que forman a agrupación e que botan unha man no día a día, feito que dende a executiva queren agradecer, “grazas a eles podemos estar en contacto coa xente, escoitala e traballar para resolver as súas inquedanzas”.
Verónica Tourón, agradece a confianza do equipo que a acompaña e asegura que “traballarán con honestidade para demostrar que en momentos como o actual o PSOE é capaz de dar resposta ós problemas de Salceda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101