MOS
O tiro con arco de Mos triunfa no Campionato Galego
O club Archers Team logrou tres medallas na competición autonómica, un ouro e dous bronces.
![[Img #38337]](upload/img/periodico/img_38337.jpg)
Durante a fin de semana dos días 13 e 14 de xaneiro celebrouse nas Somozas (A Coruña) o Campionato Galego de Sala 2018 organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco, coa participación de nove arqueiros e arqueiras do Club de Tiro con Arco de Mos, Archers Team, conseguindo tres pódiums e dous primeiros postos fóra de categoría: Luís Argüelles, proclamouse Campión de Arco Composto Masculino, Patricia Pérez, 3ª clasificada en Arco Recurvo Instintivo Feminino, Mony Ledo, 3ª clasificada en Arco Longbow Feminino; e Xes Argüelles e Verónica Presa, primeiros clasificados en Arco Composto Sub 14 e Feminino, respectivamente.
Con estes resultados o Archers Team de Mos mellora, incrementando nun pódium máis, os resultados de 2017. Todo un logro para un Club-Escola, con sede no Concello de Mos, fundado hai pouco máis de dous anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101