MOS
Mos aprobará en Pleno a mellora do Transporte Urbano Municipal
A principal novidade deste plan de optimización do Bus Urbano é que achegará á veciñanza ata a zona de compras en As Angustias.
![[Img #38382]](upload/img/periodico/img_38382.jpg)
O Bus Urbano de Mos comezou a operar o 24 de outubro de 2016 e o vindeiro luns, 29 de xaneiro, o Concello levará a aprobación ao Pleno Ordinario da Corporación Municipal unha modificación que implica unha importante mellora do devandito Plan Municipal de Transporte. Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade, Julia Loureiro.
A optimización do Transporte Municipal fundaméntase nas demandas do veciños/as usuarios/as do mesmo e consiste na reducción dos traxectos de xeito que sexan máis operativos e áxiles adecuándose á demanda nas dúas liñas das que consta o Bus Urbano: a azul e a verde.
A partir de agora os horarios do Bus Urbano de Mos incrementaranse ata lograr unha frecuencia de paso polas paradas de cada dúas horas, cubrindo o servizo durante todo o horario matinal e a primeira hora da tarde.
Para esta mellora creouse unha mesa de traballo integrada pola edil mosense de Mobilidade, Julia Loureiro, por un equipo técnico municipal e polo responsable da empresa concesionaria. A este último a concelleira Loureiro dálle unha especial importancia xa que, tal e como explicou esta mañá, “son os conductores dos autobuses os que reciben de primeira man as suxerencias e demandas dos usuarios do Transporte Municipal e, polo tanto, é a empresa a que dispón da información máis directa sobre as necesidades veciñais”.
A principal novidade da optimización do Plan de Transporte é que ambas liñas do Bus Urbano, tanto a azul como a verde, incluirán paradas nas Angustias-Sanguiñeda, para achegar aos viaxeiros ata a veciña localidade do Porriño e ata a zona mosense de supermercados. Esta zona non contaba ata o de agora con servizo, por iso as representantes municipais Arévalo e Loureiro consideran esta “a novidade estrela deste plan de mellora”.
A maiores tamén se reforzará o servizo noutros puntos clave incluídos no Plan Municipal de Transporte como son: Puxeiros-Centro de Saúde, Instituto, Pavillón Óscar Pereiro, Peinador e Concello. Nestes puntos, que xa se viñan cubrindo, agora ampliaranse rutas, frecuencias e horarios. No caso do Pavillón Óscar Pereiro, dado que os maiores de Mos realizan numerosas actividades deportivas nestas instalacións en horario de mañá (natación, ximnasia de mantemento, etc.), adaptáronse os horarios do Bus Urbano para que lles coincidan coas devanditas actividades e poidan facer uso cómodamente do Servizo Municipal de Transporte para asistir e regresar das mesmas.
O Transporte Municipal mosense comunica as dez parroquias do Concello entre sí, así como con outros municipios da comarca, xa que o Bus Urbano de Mos enlaza tamén coas paradas do Transporte Público de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56