MOS
Tempo de Lecer abre o prazo de inscrición para as asociacións con dúas grandes novidades
Este ano increméntanse ata 60 as horas dos cursos ofertados e estes impartiranse segundo o calendario escolar, de setembro a xuño.
![[Img #38397]](upload/img/periodico/img_38397.jpg)
A concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, informou que hoxe ábrese o prazo de inscrición para as asociacións do municipio de Mos que queiran participar no programa Tempo de Lecer 2018 e impartir nos seus locais sociais cursos dos que se ofertan dende esta iniciativa promovida e organizada polo Concello.
As dúas grandes novidades deste ano, segundo explicou a edil Loureiro, son por unha banda que os cursos do programa Tempo de Lecer terán unha duración igual á do curso escolar, é dicir dende o mes de setembro a xuño; e por outro lado que se incrementan en 20 o número de horas anuais dos cursos, pasando de 40 a 60 horas de clase.
O formato de distribución das horas lectivas dos cursos igual que o curso escolar foi unha solicitude das propias asociacións, que demandaban esta fórmula para evitar as interrupcións de meses sen curso. Deste xeito ao ser os cursos seguidos, sen paróns, aproveitaranse mellor as clases.
Julia Loureiro anunciou así mesmo que os catro meses que faltan ata chegar a xuño, febreiro, marzo, abril e maio, as asociacións que así o desexen disporán de 20 horas de cursos de Tempo de Lecer ofertados polo Concello, para non quedar inactivas durante estes primeiros meses do ano. Tras esas primeiras 20 horas de clase celebrarase unha excursión para tódolos/as alumnos/as de Tempo de Lecer interesados en asistir.
Os obxectivos do programa municipal Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
O sistema para organizar e levar a cabo este programa é o seguinte: ofértase un listado dos diversos obradoiros, diferenciados por áreas. Será a asociación a que elixirá nos que desexa participar. Cada asociación poderá solicitar un obradoiro de 20 horas ata maio de 2018 e de dous obradoiros de 60 horas, ata maio 2019. Cada un dos obradoiros, para poder levarse a cabo, contará cun mínimo de 10 persoas (ou o número que determine o monitor) o e un máximo de 20 (determinado tamén polo monitor encargado de impartilo).
A data e horario dos obradoiros será elixido polas asociacións que o soliciten, adecuándose ás súas necesidades.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello.
O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.
As asociacións terán de prazo dende o 26 de xaneiro ata o 16 de febreiro para entregar no rexistro do concello a solicitude de participación no programa Tempo de Lecer co nome dos obradoiros que lles interesa e as datas de comezo. O prazo de resposta por parte do Concello comunicándolle a admisión no programa, será a partir do 20 de febreiro.
Os obradoiros que se poden solicitar este ano, distrubuídos por áreas, son:
1.- Área de Bricolaxe e Elaboración Artesá
- Restauración de mobles de madeira
- Técnicas de embelecemento de mobles
- Tapicería
- Decoración en metal, cartón e escaiola
- Taller de lencería do fogar
- Talla de cristal
- Esmalte en frío
- Velas artesanais
- Portarretratos artesanais
- Confección de bixutería
- Arte Floral
- Elaboración de Xabóns
- Herbas Medicinais
- Cosmética Natural
- Elaboración de Licores
- Retalería Artesá. Patchwork
- Taller de Pintura en tea
- Reparacións domésticas e bricolaxe no fogar
- Reciclaxe de obxectos desbotados
2.- Área alimentación Sá
- Dieta sá e equilibrada
- Taller de cociña básica Sá
- Taller de cociña elaborada Sá
- Taller de Repostería saudable
- Cociña Dietética
- Cociña Ecolóxica
- Cociña e repostería vegana e vexetariana
3.- Área de Cociña e restauración
- Cociña tradicional galega
- Conservación de alimentos
- Panadería - Repostería
- Tapas e canapés
- Repostería Creativa
- Cata de viños
- Corte de xamón
- Elaboración de cervexa artesá
4.- Área de Deporte
- Taller de aerobic
- Taller de Batuka
- Taller de Zumba
- Taller Danza do Ventre
- Taller Kizomba
- Taller de Bailes Latinos
- Taller Funki
- Taller Break Dance
- Taller de Pilates
- Taller de Ioga
- Taller de Reiki
- Ximnasia de Mantemento
5.- Área de arte e Formación
- Taller de teatro
- Taller de debuxo
- Taller de pintura
- Taller de coiro
- Taller para falar en Público
- Taller encadernación, marquetería
- Taller de empaquetado
- Taller escaparatismo
- Taller de Fotografía
- Lingua de signos
- Primeiros Auxilios (en recen nados , adultos)
- Coidado de persoas maiores no fogar
- Taller de Corte e confección
- Taller personal Shopper
- Taller de customizar roupa
6.- Área das nosas tradicións
- Iniciación a cestería
- Cestería avanzada
- Taller de Pandeireta e canto
- Taller baile tradicional
- Taller de Gaita
- Taller de Percusión
- Taller de xogos populares
- Encaixe de palillos iniciación
- Encaixe de palillos avanzado
7.- Área das novas tecnoloxías (ordenadores por conta dos participantes)
- Internet e redes sociais. (correo electrónico, facebook, twitter, instagram…)
- Taller de Informática Iniciación
- Taller de Informática Avanzado
- Creación páxinas web
- Curso de uso de móbil iniciación
8.- Área de Idiomas
- Taller de Inglés
- Taller de Francés
- Taller de Italiano
9.- Área de Coidado persoal
- Como combater a ansiedade: remedios naturais, Flores de Bach,…
- Plantas medicinais
- Dietética e Nutrición.
- Control de Estrés
- Taller de prevención de lesións e de dores de costas
- Taller de axilidade mental e técnicas para a memoria
- Taller de Risoterapia
- Taller de Musicoterapia
- Taller de maquillaxe
- Taller manicura e pedicura
- Taller de intelixencia emocional
- Taller elaboración
10.- Área de Agricultura
- Poda e tarefas do campo
- Xardinería

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180