NIGRÁN
O Goberno de Nigrán reclama a gratuidade da autoestrada do Val Miñor
"Somos os grandes esquecidos; Cangas primeiro e Redondela despois acadaron a fin da peaxe pero a Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo", sinala o alcalde, Juan González.
O goberno de Nigrán remitiu un escrito á Xunta e presentará unha nova moción no Pleno para reclamar a gratuidade da AG-57, a autoestrada que conecta os tres concellos do Val Miñor e Vigo mediante peaxe. Esta vía do Val Miñor, da que o Grupo Itinere ten a concesión ata o ano 2045, ten un custo de 1'10€ no traxecto Baiona-Nigrán, 0'80€ Vincios- A Ramallosa ou 0'35€ Nigrán-A Ramallosa. O goberno de Nigrán retoma agora esta vella reivindicación trala recente supresión da peaxe de Redondela.
"Somos os grandes esquecidos; Cangas primeiro e Redondela despois acadaron a fin da peaxe, pero a Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que o feito de que tódolos tramos da AG-57 teñan un custe impide que esta funcione como a verdadeira circunvalación que precisa o Val Miñor. "A realidade é que sendo de pago non resulta un vial alternativo nin nos momentos de máxima afluencia na comarca", resume.
Tódolos tramos entre os tres concellos son de pago, facendo que a autoestrada non se empregue como vial alternativo, non contribúa a desconxestionar o tráfico e reste competitividade a Porto do Molle
O goberno de Nigrán recorda que as circunvalacións das grandes áreas de Galicia son gratis, máxime cando unen cunha gran cidade. "A supresión é algo moi necesario para o día a día dos veciños do Val Miñor, pero é que ademais, no caso de Nigrán, resta competitividade ao Parque Empresarial Porto do Molle e fai que o tráfico de mercadorías discurra habitualmente por estradas convencionais, coa perda de fluidez viaria e merma de seguridade que conleva", sinala González, quen engade que "é a autoestrada que, de xeito máis rápido e directo, conecta o Val Miñor con servizos básicos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares. Ir ao hospital ou á Universidade non pode significar para os nosos veciños un plus de desembolso con respecto a outras áreas, son todos servizos básicos aos que se chega en escasos minutos a través da AG-57".
En definitiva, a gratuidade da AG-57 permitiría que se empregase como verdadeira circunvalación beneficiando a toda a veciñanza da comarca, desconxestionaría o tráfico gañando ao tempo en seguridade e contribuiría á competitividade empresarial de toda a área.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85