Redacción / Xornal21.es
Martes, 30 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
Mos
O líder da oposición en Mos deixa á corporación
Troitiño alude "problemas" con GañaMos
O portavoz do principal grupo da oposición mosense, GañaMos Asemblea Veciñal, Francisco Vázquez Troitiño, dimitiu durante a celebración, esta semana, do Pleno e tras presentar a semana pasada por rexistro un escrito a través do que renuncia á súa acta de concelleiro, aludindo a problemas co seu grupo político.
Trotiño asegurou que aceptaba como demócrata que "a asemblea é soberana nas decisións de GañaMos, pero eu por ética e conciencia non podo continuar participando en actuacións coas que non concordo en que sexan o mellor para Mos. Desde 2016 creouse un equipo de prensa e redes sociais á marxe dos concelleiros, e marcouse unha liña de actuación e difusión lonxe da miña forma de pensar". Na que foi a súa última sesión plenaria Troitiño votou apoiando as propostas do goberno, mostrando así o seu descontento con GañaMos.
A dimisión de Troitiño non foi unha novidade xa que estaba enriba da mesa dende o pasado mes de decembro, entre os "problemas" esgrimidos trascenderon as desavenencias co seu grupo pola Cidade Deportiva do Celta en Mos.
Oposición
Os movementos da oposición afectan tamén ao membro da oposición Emilio Muíños, concelleiro socialista que decidía abandoar o seu grupo político par apasar a formar parte dos Non Adscritos. O concelleiro manifestou desavenencias coas bases que ten actualmente o partido.
![[Img #38508]](upload/img/periodico/img_38508.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103