GALICIA
Entran en funcionamento os catro novos xulgados de Vigo, Ourense, A Coruña e Ferrol
A Vicepresidencia da Xunta dotou dos medios materiais e humanos necesarios a estes Xulgados en tempo e forma para que comecen a funcionar hoxe, tal e como estaba previsto.
No día de onte teñen comezado a funcionar con plena normalidade catro novos xulgados en Galicia, concretamente o Xulgado de Primeira Instancia nº15 (Xulgado de Familia), en Vigo; o Xulgado de Primeira Instancia nº7 de Ourense; o Xulgado do Social nº6 da Coruña; e o Xulgado de 1ª Instancia nº6 de Ferrol.
Aos novos Xulgados incorpóranse hoxe 31 persoas, que sumadas ás xa incorporadas na Fiscalía e Imelga, tanto na sección de medicina forense como nos equipos psicociais, suman un total de 84 novos funcionarios xudiciais nos Xulgados galegos nos últimos 3 anos.
Os novos xulgados contan con 31 funcionarios xudiciais, que sumadas ás xa incorporadas na Fiscalía e Imelga, suman un total de 84 novos funcionarios xudiciais nos Xulgados galegos nos últimos 3 anos
A Vicepresidencia da Xunta dotou dos medios materiais e humanos necesarios a estes xulgados en tempo e forma para que comecen a funcionar hoxe, tal e como estaba previsto con total normalidade e a pleno rendemento.
O goberno galego volverá a solicitar, de cara a este ano máis unidades xudiciais para a nosa comunidade tan pronto as outorgue o Ministerio de Xustiza, facendo así un esforzo orzamentario para a súa posta en marcha, e sempre ca premisa de que unha xustiza mellor dotada sempre é máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129