O PORRIÑO
O ‘Planetario’ do Porriño permitirá a 500 estudantes aprender ciencias
    
        A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño levará adiante entre os días 5 e 8 de febreiro - contando coa participación de 565 alumnas e alumnos de centros de educación da vila- a actividade: ‘Cinema 360º’.
Da man de técnicos especializados, os estudantes poderán asomarse, en horario escolar, a un xeito distinto de aprender ciencias, e se sorprenderán coas proxeccións en 3D, as imaxes espectaculares das constelacións e ceo estrelado no ‘Planetario 3D’.
Entre as filmacións que propostas hai que salientar ‘Toupas’, ‘A formación do Sistema Solar’, ‘Crónica dunha viaxe á Terra’, ‘A orixe da vida’, ‘Selección natural de Darwin’, ou ‘Cambio Climático’, a elas súmase un un visionado e explicación do ceo e proxeccións de estrelas, constelacións e planetas.
O Domo (Planetario) , estará colocado en diferentes localizacións: Os días 5 e 6 de febreiro de 2018 no Pavillón municipal dos deportes do Porriño, o 7 de febreiro de 2018 no Ceip da Ribeira na parroquia de Torneiros-Polígono e o 8 de febreiro de 2018 no Ceip de Atios na parroquia de Atios.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116