NIGRÁN
Os traballadores de Cespa comezarán unha folga indefinida dende o 12 de febreiro
Trátase dun conflicto laboral interno motivado, principalmente, polos cambios de quendas da concesionaria aos traballadores que supoñen unha merma salarial.
![[Img #38568]](upload/img/periodico/img_38568.jpg)
O Concello de Nigrán recibiu esta semana un escrito por parte do comité de traballadores de Cespa de convocatoria de folga indefinida no servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e de praias no municipio a partires do 12 de febreiro. O conflicto laboral, de carácter interno, céntrase principalmente no cambio de quendas realizado dende a concesionaria unilateralmente coa conseguinte reducción salarial aos traballadores. Así, a empresa comunicou o 15 de xaneiro ao seu persoal, e onte ao Concello, que dende o 1 de febreiro o servizo de recollida con camión de carga traseira pasaría de realizarse en horario nocturno a realizarse en diurno (de 07:00 a 14:00 horas) para así aforrar o custe de nocturnidade que se lles abona (esta medida en concreto sinalan que afectaría a 3 dos 21 traballadores).
"Estamos xa colaborando na busca dunha solución para evitar unha folga que perxudicaría directamente a nosa veciñanza e, ao mesmo tempo, para que non se rebaixen os dereitos dos traballadores", resume o alcalde
"Estamos xa colaborando na busca dunha solución para evitar unha folga que perxudicaría directamente a nosa veciñanza e, ao mesmo tempo, para que non se rebaixen os dereitos dos traballadores", resume o alcalde, Juan González, quen mantén reunións dende a semana pasada cos representantes sindicais e da empresa, aos que pide "responsabilidade á hora de negociar". "Reunirémonos tantas veces como sexa preciso co obxectivo de que se alcance un acordo; dende o Concello confiamos en que non se chegue á folga".
O goberno de Nigrán manifesta o seu apoio aos traballadores ante a rebaixa salarial que supón o cambio de quenda. "Dende o Concello non podemos apoiar ningunha medida que supoña unha merma nos dereitos laborais do persoal", finaliza González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85