Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 03 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Gota verde mosense contra o cancro

AECC Mos conmemora o Día Mundial contra esta enfermidade cun acto simbólico para o que pide colaboración cidadá.

[Img #38600]

 

O vindeiro domingo, día 4 de febreiro, celébrase o Día Mundial contra o Cancro, por iso a directiva da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Xunta Local de Mos, informa de que estará a partir das 19.00 horas da tarde conmemorando esta data no Centro Dotacional de Torroso, antes do monólogo que ofrecerá Pablo Carbonell.


AECC Mos pide a colaboración o domingo en Torroso de toda a veciñanza mosense para levar a cabo unha acción simbólica consistente na formación dunha gota humana de cor verde integrada polas persoas presentes que queiran participar ataviadas cun chaleco e un globo desta cor. Así, convidan a todos e a todas os e as mosenses a participar e sumarse á loita contra o cancro.


Unha vez formada a gota, inmortalizarase o momento cunha fotografía que posteriormente será difundida en redes sociais e nos medios de comunicación. A gota verde é o símbolo representativo do Día Mundial contra o Cancro.


Pola súa banda o Concello de Mos estará presente respaldando a AECC Mos, xa que sempre se suma a iniciativas deste tipo e apoia tódolos actos organizados por esta entidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.