Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 04 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

David Regades eManuel Campos dan en Pontevedra o pistoletazo de saída á Festa do lacón con grelos de Cuntis

O Palacete das Mendoza acolleu a presentación da XXI edición da Festa Gastronómica que, ademais do día grande o 18 de febreiro, celebrará eventos durante todo este mes.

[Img #38604]

 

A sede de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá a presentación da XXI Festa do lacón con grelos de Cuntis, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de febreiro. Ao acto acudiron o deputado provincial David Regades e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos.

 

Esta festa, declarada de interese turístico galego en 2010, volverá a reunir a milleiros de persoas e acollerá actividades de todo tipo dende este mesmo fin de semana. Así, Cuntis acollerá durante estes días un concurso de tapas con lacón, diferentes obradoiros, un desfile e concurso de Entroido, o velorio e enterro do chapante e, como xa comeza a ser tradición, o “Vespalacón”, que chega a súa décima edición.

 

O deputado de Cooperación, David Regades, en primeiro lugar enxalzou á vila de Cuntis e cualificouna de “moi fermosa, como tamén o é a súa xente, ata o punto de que nela a ninguén o consideran estranxeiro”. Tamén manifestou Regades o firme compromiso da institución provincial con este festexo, “que conta con 21 anos de vida e que amais da gastronomía, amais do lacón con grelos, conta cunha ampla oferta como poden ser os encontros de Vespa e a aposta da vila pola cultura”.

 

O deputado de Cooperación subliñou que “todas as pontevedresas e pontevedreses que nos despracemos ata Cuntis poderán desfrutar dos festexos e tamén da súa gastronomía, paisaxe, termalismo e a gran xente que vive en Cuntis e que fai que se vivan experiencias incribles na vila”. Ao respecto, David Regades puxo en valor a importancia das experiencias para o turismo, destacando que “estou convencido de que o xornalista do Guardian que foi a Cíes e dixo que Rodas era a mellor praia do mundo o fixo porque alí viviu unha grande experiencia e eu aquí, en Cuntis, sempre que veño vivo grandes experiencias e estou seguro que tamén as vivirán as persoas que acudan á festa do lacón con grelos”.


Pola súa banda, o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, recordou a traxectoria histórica da festa: “todos nos podemos acordar como comezou e como pouco a pouco foi facéndose oco no panorama turístico e gastronómico de Galicia”. Tamén aproveitou a presentación para agradecer o apoio da Deputación de Pontevedra que “permítenos levar a cabo este mes cheo de actividades que impulsamos dende un concello pequeno.”

 

Durante a presentación, Manuel Campos tamén deu as grazas “ás asociacións que participan co concello para o desenvolvemento da festa do lacón con grelos” e anunciou que “desde os servizos Sociais teremos tamén unha mesa solidaria para persoas sen recursos poidan ir a festa.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.