Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 05 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Veciños e veciñas de Mos forman unha gota humana de cor verde no Día Mundial contra o Cancro

A Xunta Local de AECC organizou onte pola tarde en Torroso un acto simbólico que contou co respaldo cidadán.

[Img #38609]

 

Onte, domingo 4 de febreiro, celebrouse o Día Mundial contra o Cancro, por iso a directiva da Asociación Española contra o Cancro (AECC), Xunta Local de Mos, , -encabezada pola súa presidenta, Lidia Martínez Barbeitos- organizou a partir das 19.00 horas da tarde no Centro Dotacional de Torroso, antes do monólogo que ofreceu Pablo Carbonell, un acto simbólico ao que se sumaron tamén a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto.


AECC Mos agradece a colaboración en Torroso de toda a veciñanza mosense que participou, a pesar do frío, para levar a cabo esta acción simbólica consistente na formación dunha gota humana de cor verde integrada polas persoas presentes que quixeron colaborar ataviadas cun chaleco e un globo desta cor. Unha vez formada a gota, inmortalizouse o momento con fotografías. A gota verde é o símbolo representativo do Día Mundial contra o Cancro.


Pola súa banda, o Concello de Mos estivo presente respaldando a AECC Mos, xa que sempre se suma a iniciativas deste tipo e apoia tódolos actos organizados por esta entidade; e colocou na fachada da Casa Consistorial, en Petelos, un gran lazo verde tamén conmemorativo do Día Mundial contra o Cancro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.