GALICIA
Conde destaca que o plan Galicia Innova 2020 pon o acento para ser máis competitivos
A Xunta prevé mobilizar 1775 millóns de euros ata 2020 para que Galicia sexa unha terra fértil na cal as ideas se transformen en actividade económica e industrial máis competitiva, innovadora e sustentable, o que xerará emprego de calidade e benestar social.
![[Img #38659]](upload/img/periodico/img_38659.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou esta semana na Cámara galega o Plan Galicia Innova 2020, do que destacou que pon o acento nas persoas para anticiparse aos novos retos e ser máis competitivos. Conde salientou que este novo plan vén ser o libro de cabeceira onde escribir as políticas innovadoras da Comunidade que marcará os pasos e accións a seguir e fortalecerá a colaboración público-privada.
Segundo dixo, a Xunta prevé mobilizar 1775 millóns de euros ata 2020, un 35% máis ao ano, para que Galicia sexa unha terra fértil onde as ideas se transformen en actividade económica e industrial máis competitiva, innovadora e sustentable, o que xerará emprego de calidade e benestar social.
Os retos, dixo, serán poñer en valor a investigación científico-tecnolóxica que se produce en Galicia, impulsando o coñecemento orientado á industria; mellorar a transferencia dese coñecemento e lograr o retorno dos investimentos á sociedade, grazas a resultados comercializables que permiten crear novas empresas e novos empregos.
Coñecemento, talento e innovación empresarial
O plan Galicia Innova 2020, que vai en consonancia cos retos da Estratexia de Especialización Inelixente (RIS3), agrúpase en tres grandes áreas de acción. A primeira, o coñecemento: cun programa de Excelencia dos centros tecnolóxicos; dando prioridade á investigación en ámbitos estratéxicos como a Industria 4.0, o sector agroalimentario, as enerxías renovables, a explotación forestal sustentable, ou o eido sanitario; e avanzando na economía circular e o cambio climático. Neste contexto, apuntou que este plan contempla incentivar a transferencia de coñecemento impulsando as startups, estimulando o labor do profesorado universitario e cun programa formativo para mellorar as capacidades de xestión das persoas responsables de centros e unidades de investigación.
Anuncia a aprobación dos primeiros apoios a través do novo programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS) para dous proxectos que suman un investimento de 1,2 millóns de euros
O segundo eixe de acción será o talento para o que o plan contempla accións dirixidas á mocidade, aos profesionais, aos emprendedores e os investigadores. Así, promoverase entre a mocidade o estudo das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas. E, para apoiar o labor dos investigadores, estableceranse doutorados industriais; un programa de Talento Sénior para incorporar investigadores de traxectoria consolidada a empresas e centros tecnolóxicos; e manteranse —entre outros— o programa Principia para investigadores novos.
Como terceiro campo de actuación, Conde sinalou a innovación empresarial, co obxectivo de que haxa máis pemes innovadoras. Potenciaranse sectores como o aeronáutico para que Galicia sexa un referente europeo en aviación non tripulada; a bioeconomía, para seguir avanzando nos fármacos do futuro ou para valorizar o sector agroalimentario ou o dos recursos mariños; e a Industria 4.0, a través de sectores como a automoción ou o naval.
O conselleiro destacou que na innovación empresarial xoga un papel fundamental a capacidade que teñamos de sabernos vender ao mundo e ofrecer produtos e servizos únicos, polo que a Xunta traballa nun programa de fomento do deseño. Precisamente, adiantou que a Axencia Galega de Innovación está a colaborar na iniciativa Design4Innovation, cuxa convocatoria está aberta ata este xoves para identificar casos de éxito de deseño en Galicia en proxectos de calquera ámbito.
Galicia Innova 2020 agrúpase en tres grandes áreas de acción: coñecemento, co programa de Excelencia dos centros tecnolóxicos e o impulso das startups; o talento, con accións dirixidas á mocidade, aos emprendedores, aos profesionais e aos investigadores; e a innovación empresarial, con iniciativas para pemes, sectores estratéxicos e o fomento do deseño
O novo plan, que propón un novo modelo de colaboración entre todos os axentes do ecosistema a través dos Hubs de Innovación Dixital, prevé que Galicia incremente un 10% o número de traballadores vinculados á I+D e nun 15% as empresas innovadoras.
Galicia non parte de cero
Conde salientou que Galicia non parte de cero porque o anterior plan de innovación, o Programa I2C, mobilizou preto de 2000 millóns de euros dos que o 41% (457 millóns de euros) foron destinados a fortalecer as infraestruturas da I+D+i galega, como é o caso dos centros tecnolóxicos ou os campus universitarios de excelencia. No marco dese plan, destacou tamén que se concederon máis de 800 axudas a investigadores destinadas a reter e captar talento. E máis de 360 millóns de euros se investiron en estimular redes de valor entre as empresas e os centros de coñecemento con programas como, por exemplo, o Conecta Peme.
Ao respecto, subliñou que este programa xa mobiliza investimentos por máis de 100 millóns de euros en 133 proxectos de cooperación nos que participan preto de 520 empresas. E anunciou que a nova edición, dotada con 27 millóns de euros, sairá publicada no DOG deste xoves 8 de febreiro. Prevé mobilizar 50 millóns de euros en 70 proxectos nos que participarán arredor de 250 pemes, dixo.
O plan, que propón un novo modelo de colaboración entre todos os axentes o ecosistema a través dos Hubs de Innovación Dixital, prevé que Galicia incremente un 10% o número de traballadores vinculados á I+D e nun 15% as empresas innovadoras
Tamén mencionou que, ademais de converter Galicia nun referente en Compra Pública Innovadora, e crear unha rede de aceleradoras, tamén se investiu en capital risco máis de 7 millóns de euros entre 2013 e 2016 para apoiar 21 proxectos innovadores. E se activaron instrumentos financeiros cunha liña específica para a innovación. Neste sentido, adiantou que xa se aprobaron os 2 primeiros proxectos que se van beneficiar destas axudas cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros. No primeiro deles, de Hidrofersa, permitiralles adquirir a maquinaria necesaria. O segundo, de Torus Software solutions, promovida pola UDC, é un proxecto para desenvolver tecnoloxía Big Data e relacionada coa Industria 4.0.
O conselleiro apuntou que o investimento en I+D creceu en Galicia máis dun 7,5% entre os anos 2013 e 2016, conseguindo superar en case 6 puntos o aumento do conxunto do Estado (1,9%). Especialmente, precisou,medra o investimento en innovación que realizan as empresas nun 11,2%, triplicando o crecemento estatal (3,2%). Tamén o investimento executado pola Administración pública é un 17,7% superior, mentres que o incremento en España foi de 0,7%.
Neste punto, sinalou que as empresas galegas que declaran ser innovadoras subiron un 2,2% no último ano, ata as 2053; así como o investimento que realizan en innovación tecnolóxica, que se incrementou nun 9,3%, o maior dos últimos 4 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149