MOS
Mos busca apoio autonómico para un novo e ambicioso proxecto de saneamento
A obra, cun orzamento próximo ós 720.000 euros, beneficiará ás parroquias de Louredo, Guizán, Torroso e Cela, e contratarase este ano.
![[Img #38662]](upload/img/periodico/img_38662.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na Xunta de Galicia para plantexarlle á responsable autonómica un novo proxecto de saneamento, moi ambicioso e vital para finalizar a instalación da rede de saneamento municipal.
A previsión é a de sacar neste ano 2018 a contratación desta obra que conta cun orzamento total de execución por contrata de 716.733,12 euros.
Trátase dun proxecto que abarca un total de catro parroquias mosenses e numerosas zonas ás que se dará servizo, unha vez executado. As parroquias beneficiarias son as de Louredo, Guizán, Torroso, e Cela.
O obxectivo deste proxecto de ampliación e mellora da rede de saneamiento integral do municipio é completar as redes de servizos existentes en varias parroquias do municipio, mediante a execución da rede de saneamento, tras a que se procederá á reposición da capa da gabia e da capa de rodaxe ao longo da lonxitude do tramo no que se instalarán os colectores de saneamento.
As actuacións citadas teñen como fin último o de mellorar os servizos dentro das parroquias de Louredo, Guizán, Torroso e Cela. As obras incluídas neste proxecto consisten na ampliación e mellora da construción das redes de saneamento para completar as devanditas redes e permitir que chegue á máxima extensión do municipio. Consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos, reposicións, etc.
A situación dos 13 colectores proxectados nesta obra distrubúese do seguinte xeito entre as catro parroquias beneficiarias da mesma: na parroquia de Louredo, Camiño Costa de Fiel, Camiño Da Torroeira, Camiño da Costa Redonda, Estrada de Peinador-Os Valos, e Estrada Alto de Barreiros-Santiaguiño. En Guizán: Camiño do Crasto e Camiño da Ponte. En Torroso: Camiño do Cabezal e Camiño do Monte. E en Cela: Camiño dos Montes, Camiño do Carballo, Camiño do Monte de Pardellas e Estrada Alcalde González Ballesta.
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá coa conselleira Beatriz Mato a este respecto
A ampliación e mellora da rede de saneamento nas parroquias de Louredo, Guizán, Torroso e Cela, permitirá prestar servizo a todos aqueles lugares e vivendas do Concello de Mos que aínda carecen do mesmo. Para elo levarase a cabo a execución 6.293,89 metros lineais de saneamento.
Instalaranse colectores de PVC de diámetro 315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nas marxes das zonas obxecto de estudo e que actualmente carecen del. Traballos tras os cales procederase á pavimentación dos viais mediante a reposición da gabia con 20 cm de zahorra e 5 cm de mestura bituminosa en quente tipo D-12.
O prazo de execución que se estima para a execución das obras é de tres meses para cada un dos colectores que se proxectan, incluído o estudo e preparación das mesmas.
As obras comprenden a canalización das augas residuais por gravidade. Para aqueles casos nos que non sexa posible realizala por gravidade na súa totalidade, procederase á súa reunión nun pozo de bombeo dotado de equipamento electromecánico para a impulsión necesaria ata a súa conexión coa rede de sumidoiros existente nun dos seus pozos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101