Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 08 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Xornadas sobre proxectos profesionais na Axencia de Colocación de Mos

O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto Abadín, informou que dende a Axencia de Colocación de Mos, está organizando unhas xornadas de "grande interese", dirixidas a “todas aquelas persoas que queren profundizar no seu obxectivo profesional e nas súas ideas emprendedoras, que non quere dicir, que desemboquen en proxecto empresarial, senón, que axudarán a tódolos asistentes a definir o seu obxectivo profesional”.

Pablo Osorio e Amalia, van a ser os dinamizadores das Xornadas, que fundamentalmente van a estar dirixidas a avaliar os proxectos profesionais dos asistentes a través da Metodoloxía Canvas, e van a ser os Mentores ao longo dos catro días do proxectos profesionais/empresariais dos asistentes. As xornadas completaranse coa intervención dos dous expertos en creación e xestión de empresa, Xosé López Tubío e Marco García, para definir os proxectos empresaríais ou ideas de negocio máis en profundidade, daqueles asistentes cun perfil máis emprendedor, afondando en cuestións económico-financeiras e axudas para a creación da empresa.

 

[Img #38664]PROGRAMA DE METORIZACIÓN
Obxectivo: A través do programa preténdese espertar nos asistentes a ilusión de iniciar un proxecto persoal e profesional, encontrando desa maneira o camiño máis adecuado para acadar o obxectivo que pretenden.
Metodoloxía: Nun entorno de aprendizaxe informal e innovador, a través dunha combinación de conceptos teóricos, aplicacións prácticas, actividades lúdicas, apoio de mentores e métodos de coaching ou de motivación, fomentarase o desenvolvemento de ideas, que lles aporten aos asistentes ferramentas para definir o seu obxectivo profesional ou a súa idea emprendedora.


14 FEBR.
10-13:30 h

  • Presentación perfiles profesionais dos relatores e presentación dos que se pretende realizar nestas xornadas.
  • Detección, por unha banda dos intereses dos asistentes ás xornadas, dentro da temática das mesmas: proxecto profesional ou empresarial, cales son as súas necesidades principais, que dificultades se atoparon...
    • Detección de necesidades
    • Detección de dificultades
  • Importancia do coñecemento dun mesmo e do coñecemento do noso entorno.
  • Presentación de distintos foros de emprendemento en Galicia
  • Que obxectivo queres acadar? Como acadalo?
  • Píldora formativa de Motivación e exposición dalgúns casos de éxito.

 

15 FEBR.
10:00-13:30 h

  • CANVAS. Presentación da metodoloxía e casos prácticos para levala á práctica.
  • Sobre 12:30- 12:45.... Ao remate do Canvas, os expertos dinamizadores das xornadas, poñeríanse a disposición dos alumnos que se quixesen quedar para traballar nos seus plans e ideas de negocio, dunha maneira mais pormenorizada e na medida do posible individualizada. Cremos que estaría ben pasar unha enquisa de satisfacción ao finalizar as xornadas para avaliar as accións levadas a cabo e corrixir os fallos que se puidesen cometer para próximas actuacións similares.

 

16 FEBR
10-13:30 h

  • CANVAS. Repaso dos conceptos, caso práctico e traballo nos plans profesionais e/ou de negocio/ideas empresariais dos alumnos.
  • Píldora formativa: Atención ao cliente/Xestión punto de venta/ Marketing

 

19 FEBR.
10:00-11:00 h .- Aspectos importantes a ter en conta para elaborar un Plan de empresa – Plan económico financieiro -  (Colaborador SAE do Punto PAE; Xosé López Tubío, experto xestión empresarial)
11:00 – 12:00 h .- Axudas para a creación de empresa (Colaborador SAE/PAE, Xosé López Tubío e Marco García, xerente da AGDR14 – EU RURAL) 12:30 H en diante, os expertos dinamizadores das xornadas, poñeríanse a disposición dos alumnos que se quixesen quedar para traballar nos seus plans e ideas de negocio, dunha maneira mais pormenorizada e na medida do posible individualizada. Cremos que estaría ben pasar unha enquisa de satisfacción ao finalizar as xornadas para avaliar as accións levadas a cabo e corrixir os fallos que se puidesen cometer para próximas actuacións similares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.