GONDOMAR
Almorzos saúdables
![[Img #38665]](upload/img/periodico/img_38665.jpg)
Dentro das actividades previstas "obras" do obradoiro Terras do Miñor VI promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a realización de Almorzos Saudables. Hoxe día 8 acollen a nenos dos colexios públicos dos tres concellos, Baiona, Gondomar e Nigrán.
Con estes almorzos elaborados e servidos polos alumnos-traballadores do obradoiro, preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis sans relacionados coa alimentación. O Obradoiro que comezou o día 29 de setembro xa superou o ecuador do seu proxecto.
O Presidente da Mancomunidade do Val Miñor e Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quere mostrar o seu "agradecemento pola implicación neste tipo de proxectos á Directora do Obradoiro, Marita Pintos, ao persoal docente, ao alumnado, á Concelleira de Deportes Nuria Lameiro e á Concelleira de Educación Iria Lamas, aos concelleiros de Nigrán e ao Alcalde de Baiona".
A directora Marita Pintos manifesta a súa "satisfacción pola marcha da actividade, o comedor social segue funcionando, está prevista ademais de almorzos con nenos e adultos, unha comida de San Valentín cos maiores do Val Miñor, e xornadas de portas abertas, con colexios de educación especial e outra moi importante co empresariado da zona co obxectivo de dar a coñecer aos novos profesionais formados cara á súa contratación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213