MOS
Constituída a Comisión de Seguemento do Lindano en Mos
O 19 de febreiro comezarán as catas e na próxima mesa, convocada para o 6 de marzo, daranse os resultados das analíticas.
![[Img #38678]](upload/img/periodico/img_38678.jpg)
Esta mañá constituiuse a Comisión de Seguemento da posible contaminación por lindano no Concello de Mos. A constitución efectuouse por unanimidade dos membros durante unha sesión celebrada no Salón de Plenos da Casa Consistorial mosense.
Na sesión constitutiva estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, o subdirector xeral de Avaliación Ambiental, Carlos Calzadilla, un representante da empresa EPTISA contratada a finais de novembro para realizar o estudo en Mos, o concelleiro mosense de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, os arquitecto e secretaria municipais, representates de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal (PSOE, BNG e GañaMos) e o concelleiro non adscrito, Emiño Muíños, e representantes das Asociacións Veciñais das zonas nas que se está a levar a cabo a análise e que son Chan do Bosque-Amieirolongo, Ledicia-Sanguiñeda, Nosa Terra de Pereiras e San Rafael de Pereiras.
Durante a reunión explicóuselles aos interesados a metodoloxía de traballo analítico que se está a levar a cabo por parte de EPTISA e que consta de dúas fases. A primeira fase do estudo consiste nun traballo de gabinete no que se recopila toda a información posible sobre as posibles zonas afectadas antes de proceder á análise de solos e augas. Nesta primeira fase é na que se atopan actualmente dende a empresa EPTISA e a que se iniciou o pasado mes de decembro.
A segunda fase, que comezará o vindeiro 19 de febreiro, é a das catas mediante as que se tomarán mostras de solo e auga. É o denominado traballo de campo. As mostras tomadas serán posteriormente analizadas e, unha vez obtidos os resultados das devanditas análises e en función dos mesmos, tomaranse as medidas oportunas de ser necesiarias.
Tras a obtención destes resultados celebrarase unha nova mesa desta Comisión de Seguemento hoxe constituída, para a que xa hai data de celebración. Fixouse esta mesma mañá o martes 6 de marzo ás 09.00 horas no Concello para realizar a próxima sesión na que se farán públicos os resultados analíticos.
Na súa intervención desta mañá a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, fixo un chamamento á seriedade e pediu que “ninguén trate de sacar rentabilidade política dun tema tan sensible como é o do lindano”. Arévalo expresou así mesmo que “ogallá que este estudo que se está a realizar sexa para asegurar que non hai contaminación por lindano no termo municipal de Mos e, do contrario, que sirva para solucionar o problema”, “todas as medidas de precaución son poucas cando se trata da saúde da veciñanza”, asegurou.
Pola súa banda Carlos Calzadilla corroborou o feito de que a finais de novembro, e a raíz das novas sobre o problema do lindano no veciño Concello do Porriño, o Concello de Mos solicitoulle á Xunta de Galicia un estudo preventivo no termo municipal mosense, para o que dende a administración autonómica se contratou á empresa EPTISA, que leva traballando dende a mencionada data. Calzadilla insistiu na necesidade de ser prudentes e non alarmar á poboación mosense mentres non haxa resultados analíticos.
O representante da empresa EPTISA explicou que no procedemento de toma de mostras as máis importantes son as de auga, para o que piden a colaboración cidadá para acceder aos diferentes pozos das zonas obxecto de estudo. Estas zonas son o barrio de San Rafael en Pereiras, as zonas próximas á Autovía A-55 na parroquia de Sanguiñeda, a rotonda da Costilleta, a contorna da Discoteca Queen en Sanguiñeda, o tramo entre o Camiño dos Santos Reis e o Cristo de Belén e o tramo dende o Agueiro (Sanguiñeda) a San Miguel de Pereiras.
Deste xeito EPTISA centralizará toda a información que se lle facilite dende as Asociacións de Veciños para facer as catas nos lugares adecuados. Serán os representantes veciñais quenes consultarán entre as persoas de maior idade das parroquias para detectar os posibles puntos contaminados.
Por último, o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, explicou que o organismo de conca leva anos realizando análises dado que o do lindano é un problema histórico. Trátase dun plan de control co que continúa a día de hoxe mediante analíticas periódicas para controlar a calidade das augas continentais (superficiais) e subterráneas e os pozos privativos legalizados de particulares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22