Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 08 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Medio Ambiente iniciará en 15 días os traballos para tomar mostras de solo e auga en Mos

Constitúese a comisión do lindano neste concello, con representación da Consellería de Medio Ambiente, de toda a corporación de Mos, de asociacións veciñais, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da empresa que fará as catas.

[Img #38684]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará durante a semana do 19 de febreiro os traballos de prospección e recollida de mostras nas zonas do concello de Mos nas que se sospeita que pode haber restos de lindano.

 

A decisión foi comunicada onte no transcurso da primeira reunión da comisión de seguimento da posible contaminación por lindano de Mos, que contou con representación da propia consellería así como de todos os grupos políticos da corporación, varias asociacións de veciños, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a empresa encargada de realizar as prospeccións.

 

Os traballos centraranse concretamente nas parroquias de Sanguiñeda e Pereiras, as dúas zonas nas que existen sospeitas da presenza deste tipo de substancia, segundo a información facilitada polas autoridades locais. Co fin de delimitar con maior exactitude os posibles lugares afectados, os representantes veciñais asistentes quedaron en aportar toda a información histórica da que dispoñen e canalizala a través da propia comisión.

 

 

 

 

As prospeccións e a recollida de mostras centraranse en zonas das parroquias de Sanguiñeda e Pereiras onde se sospeita que pode haber restos desta substancia

 

 

 

 

A Consellería de Medio Ambiente encomendoulle a realización dos traballos e das analíticas en Mos a unha empresa especializada, que en aproximadamente 15 días comezará a delimitar sobre o terreo as zonas nas que se realizarán as catas para tomar mostras de terra e de auga.

 

Durante a reunión da comisión de seguimento, membros da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático trasladaron aos asistentes toda a información dispoñible ata o de agora e os pasos inmediatos que se van dar co fin de determinar o antes posible se existe ou non presenza de lindano nos terreos baixo sospeita.

 

Neste sentido, a comisión constituída hoxe acordou volver reunirse dentro dun mes e agárdase que nesa segunda xuntanza se poidan analizar os resultados provisionais destas prospeccións e das analíticas que se lle realicen ás mostras recollidas.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.