VIGO
O Concello de Vigo aproba tres programas de emprego para a contratación de 172 persoas
A Xunta de Goberno Local daba este xoves o visto bo aos plans de obras e servizos sociais para presentar á convocatoria de achegas e subvencións destinadas á contratación temporal. O alcalde destacou a iniciativa municipal como unha acción de "gran envergadura" que supón un investimento de preto de 1 millón de euros.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves tres programas de emprego que permitirán contratar a un total de 172 persoas cun investimento de preto de 1 millón de euros. Trátase dos plans para o fomento de emprego destinados a receptores da Risga, entidades locais e mocidade. "Estamos ante unha acción de gran envergadura con case que 1 millón de euros de investimento", destacou Abel Caballero este mércores.
En primeiro lugar, o rexedor apuntou que aprobaranse as memorias de obras e servizos de interese social a presentar á convocatoria de achegas e subvencións para a contratación temporal de persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da Risga. Neste caso o plan está valorado en 166.000 euros (a solicitar á Xunta) para contratar a 27 persoas durante 7 meses que levarán a cabo obras de limpeza de cunetas e fincas, instalación de sistemas de rego, axardinamentos, rebaixes de pasos de peóns e pavimentados.
Ademais, un segundo programa será para a mellora da empregabilidade no ámbito da colaboración coas entidades locais. Ten un orzamento de 417.080 euros e o Concello aporta 150.000 euros máis para material e vestiario. Os proxectos serán para limpeza de camiños e valados, retirada de carteis e pintadas, mellora en parques, plans de Protección Civil para operativos en seguridade viaria, vixilancia en areais e apoio de emerxencias e mantemento de zonas rurais. Serán contratadas un total de 138 profesionais: 56 para mantemento de zonas rurais, 22 de Protección Civil, 33 en Parques e xardíns, 9 para limpeza de pintadas na cidade e outros 18 para limpeza no rural.
Por último, a Xunta de Goberno aprobará de subvención do Fondo Social Europeo para o proxecto "Vigo polo emprego da mocidade II" cun orzamento de 100.000 euros. Está destinado á dar formación e orientación a 75 alumnos, maiores de 16 anos e menores de 30 anos, para o que levarase a cabo a contratación de 7 profesores entre xuño a decembro de 2018. A primeira parte do programa "Vigo polo Emprego da mocidade" xa investiu en 2017 un total de 840.000 euros na formación de 165 mozos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153