Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21
Martes, 13 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

Posicionamento do BNG respecto á presentación dos orzamentos do Concello de Baiona

Durante o pasado Pleno Municipal  o Goberno Municipal do Partido Popular presentou e aprobou unha proposta de orzamentos para o exercicio 2018 que non contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego, por diversas razóns que explican nun comunicado emitido pola formación nacionalista.
 
 
"Non podemos recoñecer como axeitados uns orzamentos que que carecen dunha política activa e de promoción de acceso á vivenda, tendo dúas parcelas municipais con potencialidade real para adicalas a tal fin e contando con multitude de vivendas inhabitadas, en estado de abandono ou en ruinas, como pode extraerse do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico artístico" explican.
 
 
"Volta o Goberno Municipal En emprego a descartar a partida de becas de formación, eliminadas pola incapacidade de xestión do equipo de goberno, que as usou de forma irregular para ter traballadores a baixo custo" aseguran.
 
 
Ademáis alegan que "falta unha política activa e de promoción do patrimonio e a cultura. Seguen a pasar os anos e a antiga batería de Silleiro está completamente abandonada e sen iniciativa de que isto cambie".
 
 
Doutra banda din que "`poseemos un potencial arqueolóxico extraordinario que se esquece permanentemente e unha riqueza natural na Serra da Groba que non se promociona. Toda promoción do patrimonio e cultura deste goberno baséase en festas e festexos e campos de golf".
 
 
Segundo o BNG "outro ano máis seguimos sen entender o reiterativo incumprimento dun acordo plenario, non destinando partida algunha ao fondo galego de cooperación internacional. Uns simples 2.000 € ou o que é o mesmo un 0,00023% do orzamento. O comprimiso acordado incluía unha suba progresiva desta dotación até acadar o 0,7 % dos orzamentos de cada exercicio".
 
 
"Adolece o Goberno Municipal de falta de políticas activas en educación. Cuestións chave para as nais e pais de Baiona coma os comedores escolares ou o transporte seguen ser ter solución, iniciativas ou ideas por parte do Concello de Baiona" explican.
 
 
No comunicado di que "comprobamos, unha vez máis, que a única liña de actuación deste goberno é a da política pasiva. Unha política baseada unicamente en cobrar impostos para pagar unha deficitaria xestión (proxecto campo de golf, parking do Aral) e unhas inversións sostidas practicamente polo aporte da Deputación".
 
 
Así mesmo, o BNG solicitou en sendos rogos que "se inicie un periodo de contactos coa Comunidade de Montes de Santa María de Afora para valorar a posibilidade de facer público e transitábel o camiño das Maclas, demanda que xa tivera presentado na lexislatura pasada en forma de moción, pero que o Partido Popular sigue sin abordar".
 
 
Tamén a través dun rogo "reclamóuse que se tomen as medidas necesarias para garantir a saúde dos veciños e veciñas do Barrio do Chaparral e se lle dea solución á presenza masiva e incontrolada dos gatos abandonados na zona".
 
 
Finalmente, na aprobación consesuada da demanda de gratuidade da AG57, o BNG fixo valer as súas xestión e demandas previas ao respecto, tendo en conta que non só presentou iniciativas solicitando o estudo para o rescate e gratuidade da AG57, sinón tamén da AP9, mesmo Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento Galego, realizara unha visita ao Val Miñor para coñecer de primeira mans as demandas da comarca a este respecto, levando a mesma á Comisión correspondente no Parlamento Galego, onde o Goberno do Partido Popular opúxese incluso a propoñerse realizar un estudo de viabilidade para rescatar a concesión e considera a súa gratuidade.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.