Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 09 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño presenta a Senda do Miño en Madrid

A alcaldesa, Sandra González, reuniuse este xoves co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz, acompañada polo concelleiro Uxío Benítez e pola xefa provincial de Costas de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse este xoves en Madrid co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, para presentarlle o proxecto da Senda do Miño, unha senda de 15 quilómetros de lonxitude á beira do río que prevé estenderse dende a ponte internacional da Amizade, en Tomiño, ata Tui.


A alcaldesa estivo acompañada na visita ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente pola xefa do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera; polo concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, e por un dos técnicos redactores do proxecto.


Durante a reunión o Subdirector Xeral de Protección da Costa recoñeceu que se trata dun proxecto importante e interesante que se desenvolve “nunha zona de gran valor ecolóxico e medioambiental” e amosou a disposición do Ministerio a establecer puntos de colaboración no futuro.


Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño manifestou a súa satisfacción pola boa acollida do proxecto. “Dende o goberno local estamos moi satisfeitos porque é importante que un organismo público da relevancia do Ministerio nos dea o seu apoio, xa que serve para visibilizar non soamente o río Miño senón tamén o propio concello de Tomiño”, asegurou Sandra González tras a reunión en Madrid.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.