Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 11 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Novo centro de distribución de Bimba e Lola en Mos

Permitirá a integración de todos os procesos de xestión loxística dando resposta ao crecemento da compañía.

[Img #38764]

 

A empresa Bimba y Lola presentou no Concello de Mos un proxecto para a ocupación e reforma dunha nave na que asentará as súas novas instalacións loxísticas, que estarán situadas nas proximidades de Vigo,  concretamente na zona de Arrufana na parroquia mosense de Louredo.


As devanditas instalacións garanten, segundo informan dende a empresa, unhas boas comunicacións tanto por vía marítima, como aérea e terrestre, e atópanse próximas ás oficinas centrais da compañía, actualmente tamén situadas en Mos, neste caso na parroquia de Tameiga.

 

O novo centro poñerase en marcha e estará a funcionar a pleno rendemento na primavera do próximo ano 2019.

 



As instalacións comprenden:


• Un silo automático de 5.300 metros cadrados e 20 metros de altura para almacenaxe de produto en caixas


• 3 plantas cun total de 19.000 metros cadrados nas que se realizará a subministración diaria a toda a rede de tendas da compañía a nivel mundial, así como á canle online


• Planta semiautomática para almacenaxe de 200.000 pezas colgadas


• Zonas de servizos comúns e oficinas loxísticas


 

Este novo centro de distribución permitirá a integración de todos os procesos de xestión loxística dando resposta ao crecemento da compañía nos próximos anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.