PONTEAREAS
A Concellería de Seguridade Cidadá incorpora un dron ao servizo de bombeiros
A Concellería de Seguridade Cidadá incorpora un dron ao servizo de bombeiros de Ponteareas para o desempeño do seu traballo diario e para actuacións de emerxencia.
![[Img #38771]](upload/img/periodico/img_38771.jpg)
O servizo de bombeiros de Ponteareas, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá do Concello, incorpora novas teconoloxías como ferramenta para o desenvolvemento do seu traballo diario e conta dende esta semana con dous drons (un para prácticas e outro para o servizo) que chegará a zonas ás que os bombeiros non podían acceder para avaliar riscos e detectar posibles perigos.
Este dron, mercado á empresa Aeromedia, será empregado tanto para o traballo diario de inspección sempre que sexa requerido e baixo o marco legal que permite o uso desta tecnoloxía e para actuacións de emerxencia dos bombeiros de Ponteareas.
Os bombeiros de Ponteareas atenden aos dez concellos das comarcas do Condado e A Paradanta (As Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra) e contan cunha plantilla de trece profesionais.
Vanesa Fernández, Concelleira de Seguridade Cidadá, explica que incorporan o uso do dron para o que tres bombeiros foron formados nun curso básico de cincuenta horas de duración e nun curso avanzado de 70 horas teórico-práctico que lle permite ter a titulación de “piloto de RPAS (Remote Pilot Authorized System) homologado por AESA a través de ATO.
Tres bombeiros e un técnico informático obtiveron a titulación de piloto de RPAS
A Concelleira engade que o dron, equipado con cámara térmica, servirá para mellorar os tempos de reacción e optimizará os recursos ademais de dotar de maior seguridade ao corpo de bombeiros á hora de inspeccionar edificiacións en risco de derrubamento ou incendidados. Tamén será de grande utilidade á hora de buscar persoas desaparecidas ou vítimas atrapadas.
“Tres bombeiros e un técnico informático recibiron a formación e superaron satisfactoriamente os exámenes que lle permiten ter a titulación requerida para o emprego deste aparello que axudará ofrecendo á cidadanía unha cobertura máis ampla na detección de riscos e evitando posibles percances”, engade a socialista Vanesa Fernández.
Fernández insiste na necesidade da formación continuada dos profesionais e da actualización dos coñecementos e técnicas de traballo e felicítaos polo seu compromiso e gañas de aprender.
“Seguridade, eficacia e eficiencia son as claves para avanzar na prestación deste servizo tan importante para os veciños e veciñas de Ponteareas. Non debemos esquecer que cando os bombeiros saen a unha intervención arriscan a súa vida nun alto porcentaxe dos incidentes”.
Con esta novidosa adquisición os bombeiros poderán obter en tempo real unha información visual veraz que lles permitirá actuar con máis seguridade e precisión.
Un dos obxectivos da Concelleira socialista é a mellora do servizo na súa totalidade, tanto en relación ao personal como en relación aos medios e ao material dispoñible. “Un servizo que invirte en persoal e material de traballo é un serivzo que permite dar unha resposta óptima ante unha emerxencia da cidadanía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103