Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán informa a unha vintena de organizacións da modificación das normas subsidiarias

O asunto, que será levado ao vindeiro pleno, obtivo o dictame favorable da Comisión de Urbanismo.

[Img #38772]

 

Un total de 23 das 33 entidades representadas no Consello Sectorial do PXOM acudiron a semana pasada á sesión convocada polo goberno para informar da proposta de modificación número 25 das Normas Subsidiarias (NNSS) que rixen o planeamento urbanístico do municipio dende 1991. O asunto, que xa fora tratado no derradeiro Consello do 10 de maio de 2017,  obtivo o dictame favorable da comisión de Urbanismo, paso importante para  acadar o consenso da corporación de cara a súa aprobación inicial no pleno.

 

"A asistencia masiva ao Consello Sectorial de onte significa que é un órgano que sigue vivo e que funciona como o mellor canalizador para trasladar información de primeira man á veciñanza e garantir, ao mesmo tempo, a participación de todos e a máximo transparencia", sinala o alcalde, Juan González, quen acudiu á cita xunto co edil de Urbanismo, Diego García (quen trasladou aos asistente toda a información); a teniente de alcalde, Raquel Giráldez; e o edil de Seguridade e Vías e Obras, Rubén Rial. Á convocatoria acudiron tamén representantes dos diferentes partidos.

 

Esta modificación é unha proposta exclusivamente técnica para adaptar ás NNSS á actual Lei do Solo, conta con tódolos informes sectoriais favorables e permitiría rebaixar as restriccións aos veciños en aspectos como ampliacións ata un 50% en núcleos rurais, reducir os retranqueos ou relaxar as condicións estéticas. A realidade é que no substantivo, o corpo das NNSS mantívose vixente en Nigrán ao longo de case 30 anos e, polo tanto, ao marxe da constante evolución do marco normativo, identificando os técnicos municipais disfuncións que dificultan obxectivos como a rexeneración e renovación urbana ou rehabilitación e eficiencia enerxética. O obxectivo é levar o documento á aprobación inicial do Pleno e, de ser acadada, exporíase 2 meses para realizar alegacións (o tempo máximo permido).

 

"Non se pretende introducir cambios no modelo urbanístico das NNSS, esa tarefa lle corresponde ao PXOM, tampouco se pretende variar a calificación do solo ou aumentar a intensidade edificatoria. Só se trata de pequenas correccións puntuais nas NNSS para solucionar contradiccións coa normativa autonómica e estatal en vigor e resolver así deficiencias detectadas durante este tempo na oficina municipal de Urbanismo", resume o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.