Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 15 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación iniciará en abril os traballos arqueolóxicos no xacemento de monte do Facho en Cangas

A intervención, para limpar, consolidar, restauras e escavar o xacemento, terá unha duración de seis meses e creará unha zona a visitar de más de 1.500 metros cadrados

[Img #38791]

 

A Deputación de Pontevedra iniciará no próximo mes de abril as actuacións arqueolóxicas no monte do Facho en Cangas, enmarcadas no protocolo asinado entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento, destinadas á consolidación, restauración, escavacións de apoio e limpeza, tarefas todas elas previas o desenvolvemento do proxecto de musealización do Ministerio.

 

Arqueólogos e persoal técnico da Deputación, nunha reunión informativa mantida hoxe co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e o presidente da Comunidade de Montes de Hío, confirmaron que xa se está a elaborar o proxecto de intervención, que terá que ser aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e que a duración estimada do traballo arqueolóxico no xacemento do Facho será de seis meses

 

Esta nova intervención arqueolóxica concluirá os traballos nas zonas xa escrutadas durante campañas anteriores e restaurará e consolidará más de 30 estruturas. Ademais preténdese intervir sobre algunhas zonas nas cales non se escavou toda a súa superficie en actuacións pasadas. O obxectivo final é a creación dunha zona a visitar para o seu aproveitamento turístico de máis de 1.500 metros cadrados.

 

Deputación de Pontevedra e Concello de Cangas colaborarán na promoción e difusión da intervención ademais de organizar visitas guiadas ao público en xeral e visitas de colexios para que poidan seguir os traballos no xacemento. Ademais, está prevista a realización de conferencias sobre temática arqueolóxica na zona.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.